Promotor: Concello de Cotobade
Localización: Cotobade
Orzamento: 64.966,21 €
Axuda aprobada: 37.030,74 €
Descrición:
O Concello de Cotobade proxecta a posta en valor dun espazo de interese natural, paisaxística, cultural e patrimonial como é o lugar de Cuspedriños mediante a valorización do seu curro ubicado nos arredores da carballeira con fin de impulsar nun entorno tan singular non só a milenaria tradición da rapa das bestas que forma parte da raíz cultural más profunda de Galicia, senón tamén o aproveitamento durante todo o ano para a realización de eventos ó aire libre e para outras actividades propias do municipio como a feira de actividades tradicionais de mostras/exposicións da zona, a realización do magosto, actuacións ó aire libre, etc.; coñecedor do interese que desperta este tipo de eventos populares para atraer visitantes (curiosos, turistas, amantes dos cabalos…) e da maior participación veciñal.

Published in Leader 2007-2013

Promotor: Panadería Tenorio Cotobade,SL
Localización: Cotobade
Orzamento: 26.550,00 €
Axuda aprobada: 9.473,04 €
Descrición:
Modernización dun obradoiro de panadería na zona de Tenorio mediante a instalación de dous queimadores de biomasa para o forno aumentando a eficiencia enerxética e con combustible renovable, e a adquisición dunha cociña industrial que lle permiten ampliar a súa liña de negocio de productos elaborados (empanadas, etc) cun incremento da súa capacidade produtiva e da panadería en xeral.

Published in Leader 2007-2013

Promotor: Xunca Xestión,SL
Localización: Cotobade
Orzamento:280.993,72 €
Axuda aprobada:126.447,17 €
Descrición:
Modernización dunha empresa prestadora de servizos de tempo libre/aventura con actividade nas zonas de Pontevedra/área de influencia/Morrazo co obxectivo de incrementar as súas áreas mediante a instalación dun "Centro de Turismo Activo" de nova creación no lugar de Atalaia na parroquia de Viascón cunha superficie total de 22.705m2 composto polas seguintes áreas diferenciadas: roteiros a cabalo (8.382m2), paintball (10.926m2), actividades acuáticas/kaiak (1.230m2), roteiros en bicicleta de montaña e zona de esparcemento (2.167m2).

Published in Leader 2007-2013
Ningún evento vindeiro!

Proxectos Leader