Modernización de Centro Ocupacional para discapacitados intelectuais (Darbo)

Promotor: Asociación Juan XXIII
Localización: Cangas
Orzamento: 252.287,82 €
Axuda aprobada: 96.500,09 €
Descrición:
O proxecto presentado abrangue actuacións no Centro de Atención a Persoas Adultas con Discapacidade Intelectual ubicado en Montecarrasco na parroquia de Darbo en Cangas, no que se refire ó Centro Ocupacional (talleres de formación ocupacional cun total de 28 usuarios concertados no ano 2010). O obxectivo específico consiste na modernización integral do seu Centro Ocupacional adicado á carpintería de madeira e manipulados, deseñado para ampliar a capacidade de prazas actuais e mellorar substancialmente as condicións de seguridade, accesibilidade e salubridade (acabados interiores, calefacción, ventilación/aspiración…) na prestacións de servizos, cun incremento tamén da calidade de vida ós discapacitados intelectuais na Comarca do Morrazo e as súas familias.

Ningún evento vindeiro!

Proxectos Leader