Creación de miradoiros na contorna de Chan da Arquiña

  • Promotor: CMVMC de Domaio
  • Localización: Domaio (Moaña)
  • Orzamento: 64.124,79 €
  • Axuda Aprobada: 34.729,99 €

Proxecto de carácter non produtivo promovido pola CMVMC de Domaio en Moaña coa finalidade de crear dous miradoiros públicos na contorna de Chan da Arquiña que permitan aproveitar o potencial dun espazo natural de valor paisaxístico e ambiental (vistas das Rías de Vigo, Pontevedra e Arousa; e as terras da zona da Cañiza, a Serra do Candán e a Serra do Suído, etc), e contribuir a dotar a propia zona de Domaio de infraestruturas de uso turístico e recreativo de libre acceso; aumentar a biodiversidade coa plantación de especies de frondosa autóctona e tratamentos selvícolas de mellora do arborado; e recuperar un espazo degradado coa eliminación de especies alóctonas invasoras.

O proxecto localízase na contorna do Dolmen de Chan da Arquiña (parroquia de Domaio) con gran afluencia de turistas e visitantes, especialmente en época estival.

Ningún evento vindeiro!