Ampliación e modernización de empresa de comercialización de motores eléctricos e reductores

  • Promotor: Electro Gálvez y Senabre, SLU
  • Localización: Polígono Industrial A Reigosa. Parcela P-33. Tourón – Ponte Caldelas.
  • Orzamento: 321.491,61 €
  • Axuda Aprobada: 144.671,22 €

Proxecto de ampliación e modernización dunha empresa, actualmente adicada á comercialización de motores eléctricos, cara a propia fabricación e montaxe industrial de reductores sinfín-corona de velocidade no polígono de “A Reigosa” no municipio de Ponte Caldelas. Esta iniciativa inclúe unha produción personalizada e adaptada ás necesidades de cada cliente, cun selo europeo e a completa supervisión do control de calidade dos seus produtos.

O proxecto contempla a construción dunha nave industrial de 1.427,70m2 construídos que albergará unha zona de fabricación/montaxe/embalaxe con sala de compresor, unha zona para depósito de mercancías incombustibles, unha zona para circulación de carga/descarga e as oficinas administrativas distribuídas en dúas plantas; así como a maquinaria e equipamento necesarios.

Con esta iniciativa o promotor amplía o seu negocio e mellora a súa competitividade cunha produción personalizada e adaptada ás necesidades de cada cliente, cun selo europeo e coa completa supervisión e control de calidade dos seus produtos.

Eventos -Calendario

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Ningún evento vindeiro!