Desenvolvemento web & app turismo de Marín

  • Promotor: Concello de Marín
  • Localización: Marín
  • Orzamento: 30.000,00 €
  • Axuda Aprobada: 19.500,00 €

O Concello de Marín proxecta a creación e posta en marcha dun portal web e dunha app turísticas mediante unha aplicación multiplataforma como ferramenta que canalice a experiencia dos visitantes no destino marinense e que permita valorizar os recursos e atractivos turísticos municipais a través do uso das novas tecnoloxías como canal de comunicación e interacción co turista.

Esta iniciativa ten por obxectivos: incrementar a satisfacción do turista/visitante grazas ó apoio e información prestados; dotar de tecnoloxía ó sistema de información turística municipal; facilitar a adecuación da oferta turística posibilitando a creación de novos contidos apoiados no uso das TICs; mellorar a eficacia na promoción e xestión dos recursos turísticos do concello; incrementar a competitividade do sector turístico local e xerar novas oportunidades de negocio.

O investimento consiste na creación, deseño e desenvolvemento da páxina web e da app previstas, xunto cun xestor de contidos e repositorio, un banco de imaxes/textos descritivos (grabación, edición e postprodución) e integración na aplicación.

 

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Ningún evento vindeiro!