Profesionalización e desenvolvemento da viticultura na IXP Ribeiras do Morrazo (2017

  • Promotor: Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra-Morrazo
  • Localización: Territorio GDR Pontevedra - Morrazo
  • Orzamento: 8.591,00 €
  • Axuda Aprobada: 8.591,00 €

Trátase de realizar un programa formativo, baixo a metodoloxía de formación-acción, que teña unha dobre finalidade:

  • Dinamizar socialmente ao sector vitivinícola para reforzalo e empoderalo como alternativa emerxente de emprego e/ou emprendemento.
  • Capacitar e cualificar a emprendedores e poboación activa en xeral, para afrontar os requirimentos técnicos, económicos e sociais que vai a supoñer a posta en marchada IXP, e o desenvolvemento da actividade.

Polo tanto, os principais obxectivos xerais do programa formativo centraranse en:

  • Reforzar a participación do sector e activación do capital social (axentes locais privados e públicos e entidades sociais): implicación dos axentes no proxecto, elaboración dunha reflexión diagnóstica conxunta, e definición concertada de horizontes estratéxicos cara a un mellor desenvolvemento do sector; abordando unha análise conxunta das oportunidades presentes.
  • Xeración dun consenso estratéxico entre os axentes sectoriais que respalde o crecemento ordenado do sector vitivitícola, a xestión do sector e fomente dinámicas de potenciación e sucesión nas explotacións, así como de creación de novas oportunidades para o emprego.
  • Introducir criterios técnicos e aprendizaxes que implican a entrada no marco regulador da IXP, abordando a formación en aspectos de índole técnica, experimental, ou de recoñecemento das potencialidades para a comercialización da produción, a diferentes escalas.

A proposta de contidos didácticos para cada unhas das accións formativas a desenvolver durante o periodo contemplado son:

  1. Planeamento estratéxico para o desenvolvemento da IXP, 5 cursos formativos (20 h):

    Tentarase fornecer ó sector cun modelo de traballo que lles permita realizar unha autodiagnose da súa situación actual, co obxectivo de definir as súas prioridades estratéxicas, baseándose nun modelo formativo participativo. Deste xeito irase conformando un grupo dinamizador que coordinará a posta en marcha do proxecto, definindo os seus obxectivos estratéxicos e medidas de acción a desenvolver. Traballarase a dimensión económica e produtiva dende o punto de vista vitícola, pero tamén as potencialidades para a xeración de actividades vinculadas ó mundo do viño e da viña.

  1. Dimensión social e organización da IXP Ribeiras do Morrazo, 5 cursos formativos (22 h):

    Abordará unha proposta para organizar e reforzar o traballo en grupo dos axentes económicos asociados ás cadeas de valor que artellan a producción vitivinícola, así como aos axentes sociais e institucionais que vertebran o territorio. Esta acción formativa reforzará a dinámica de traballo en grupo, mediante a aplicación de metodoloxías participativas, para aflorar as sinerxías de crear estruturas colaborativas que proporcionen economías de escala,faciliten a organización e xestión,etc.

  • Capacitación e profesionalización no ámbito da viticultura, 4 cursos formativos (28 h):

    As actividades formativas buscarán reforzar a formación técnica dos distintos actores que participan no sector. Esta formación estruturarase mediante a realización de accións formativas específicas Teórico-Prácticas do ámbito da viticultura.

  • Eventos -Calendario

    Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
    1
    2
    3
    4
    5
    6
    7
    8
    9
    10
    11
    12
    13
    14
    15
    16
    17
    18
    19
    20
    21
    22
    23
    24
    25
    26
    27
    28
    29
    30
    31
    Ningún evento vindeiro!