Creación de área de recreo forestal na contorna do río Lérez (Calvelo)

  • Promotor: CMMVVMC Calvelo e Río Tenorio
  • Localización: Tenorio (Cerdedo-Cotobade)
  • Orzamento: 18.608,19 €
  • Axuda Aprobada: 9.118,01 €

Proxecto de carácter non produtivo promovido pola CMVMC de Calvelo e Río Tenorio coa finalidade de crear unha área de recreo forestal nunha carballeira situada na contorna do río Lérez, comunicada coa praia fluvial de Calvelo dotando á parroquia dunha zona de lecer de libre acceso como reclamo turístico e zona de esparcemento para visitantes e veciños, que complemente os servizos recreativos-lúdicos actuais da parroquia de Tenorio.

Os investimentos previstos consisten no acondicionamento da carballeira e limpeza de senda con tratamentos silvícolas en masa de frondosa, sinaléctica (paneis interpretativos e sinais tipo frecha), instalación de mobiliario complementario (mesas de pedra con bancos) e custos xerais (honorarios técnicos do proxecto).

Ningún evento vindeiro!