Promotor: CCMMVMC de Meira
Localización: Santa Eulalia de Meira, Concello de Moaña.
Orzamento: 98.975,22 €
Axuda aprobada: 36.125,96 €
Descrición:
Trátase da valorización do monte veciñal de Meira obtendo un maior aproveitamento produtivo, medioambiental, paisaxístico e social a través da cría de gando autóctono cabrún (capra hircus).
Preténdese introducir e formar unha cabana gandeira de 375 cabras da raza “Cabra Galega” en perigo de extinción,(Capra hircus), con posibilidade de ampliar, e pastorear en sistema semiextensivo, nas 460 hectáreas que posúe o monte veciñal de Meira, tanto nas zonas de mato como nas arboradas a través do aproveitamento dos recursos forestais non madeirables.
O proxecto é unha actuación singular e sustentable que incrementará o valor económico do monte pola vía da diversificación dos usos do mesmo a través da cría de gando cabrún autóctono, mellorando as economías locais que dependen do territorio forestal, evitando a degradación dos ecosistemas forestais e contribuíndo a protección dos recursos e procesos naturais.

Publicado en Leader 2007-2013

Promotor: Concello de Moaña
Localización: Moaña
Orzamento: 458.620,69 €
Axuda aprobada: 137.586,21 €
Descrición:
Trátase da rehabilitación e construción do Auditorio no centro "Rosalía de Castro" na parroquia de Domaio destinado a eventos, espectáculos, usos múltiples e actividades culturais, conforme o proxecto técnico do arquitecto moañés D.Rodrigo Currás Torres.

Publicado en Leader 2007-2013

Promotor: Galventus Servicos Eólicos,SL.
Localización: Moaña
Orzamento:236.404,71 €
Axuda aprobada:64.302,08 €
Descrición:
Trátase dunha sociedade de nova creación, pero sen ter iniciada a súa actividade empresarial, e que presenta como obxeto social principal: deseño, desenvolvemento, produción, reparación, montaxe, distribución, venda e mantemento de sistemas, equipos, solucións e produtos basados no aproveitamento de enerxía renovables, construción en composites e a súa aplicación tanto no devandito sector como no naval. Tamén son actividades da empresa: prestación de servizos profesionais de consultoría de negocio e tecnoloxía de solucións, estudios e proxectos nos sectores de actuación, formación de traballadores.

 
Publicado en Leader 2007-2013

Promotor;Recuncho das Xoubiñas,SLNE
Localización:Moaña
Orzamento:106.719,97 €
Axuda aprobada:40.297,46 €
Descrición:
Creación dun centro de lecer infantil na parroquia de Meira en Moaña, como empresa que ofrece un servizo completo de ocio/tempo libre para rapaces de entre 2 e 12 anos a través de actividades e xogos diversos para desenvolver as súas capacidades psicomotrices, imaxinativas e sociais; sala para celebración de aniversarios e festas infantís; servizo de atención/coidado de nenos por horas e programa de actividades extraescolares; cunha capacidade para a atención de 113 nenos/as nunha superficie útil de 396.55m2 dividida en dous espazos: planta baixa, para uso público dos rapaces; e parte superior, para oficina e zona de almacenaxe.

Publicado en Leader 2007-2013
Martes, 24 Outubro 2017 09:25

Creación de Centro de Día (Moaña)

Promotor:Contigo Galicia,S
Localización:Moaña
Orzamento:112.497,85 €
Axuda aprobada:43.592,92 €
Descrición:
Creación dun centro de día na casco urbano en Moaña, como empresa que ofrece servizos de atención e asistencia diúrna a persoas maiores con necesidades de coidados; en especial, os servizos básicos de entretemento e exercicios encamiñados á mellora da actividade psicofuncional e a mellor capacidade cognitiva, vixilancia da saúde e rehabilitación menor e transporte, ademais de actividades complementarias como comedor, estética, asesoramento familiar e acompañamento.

 
Publicado en Leader 2007-2013

Proxecto de ampliación e modernización do actual tanatorio de Moaña, que aumenta a súa capacidade produtiva ampliando as súas instalacións creando dúas salas de velorio con espazo anexo na planta baixa e un salón de oficios multirelixiosos en planta alta xunto ós espazos de servizo necesarios; modernizando o negocio dotando ó tanatorio de novos servizos (oficios multirelixiosos, catering) ademais dos servizos existentes de tanatorio, velación e ornamentación floral.

Nun inmoble de 479.2 m2 útiles subdividido en 2 plantas procederase a ampliara as instalacións existentes con: 2 salas de velorio con túmulo acristalado e subsalas de catering respectivas, salón de actos para oficios e anexos auxiliares de servizos.

Publicado en proxectos

Eventos -Calendario

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Ningún evento vindeiro!