Martes, 24 Outubro 2017 10:07

Modernización de Centro de Día (Coiro)

Promotor: Tendelaman,SLU
Localización: Cangas:
Orzamento: 106.856,96 €
Axuda aprobada: 36.865,65 €
Descrición: Modernización dun centro de día en Coiro, como empresa que ofrece servizos de atención e asistencia diúrna a persoas maiores con necesidades de coidados; en especial, os servizos básicos de alimentación, hixiénicos, entretemento e exercicios encamiñados á mellora da actividade psicofuncional e a mellor capacidade cognitiva, ademais de actividades complementarias como transporte e hortoterapia.
Publicado en Leader 2007-2013

Promotor: Asociación Juan XXIII
Localización: Cangas
Orzamento: 252.287,82 €
Axuda aprobada: 96.500,09 €
Descrición:
O proxecto presentado abrangue actuacións no Centro de Atención a Persoas Adultas con Discapacidade Intelectual ubicado en Montecarrasco na parroquia de Darbo en Cangas, no que se refire ó Centro Ocupacional (talleres de formación ocupacional cun total de 28 usuarios concertados no ano 2010). O obxectivo específico consiste na modernización integral do seu Centro Ocupacional adicado á carpintería de madeira e manipulados, deseñado para ampliar a capacidade de prazas actuais e mellorar substancialmente as condicións de seguridade, accesibilidade e salubridade (acabados interiores, calefacción, ventilación/aspiración…) na prestacións de servizos, cun incremento tamén da calidade de vida ós discapacitados intelectuais na Comarca do Morrazo e as súas familias.

Publicado en Leader 2007-2013

Proxecto que propón a revalorización e potenciación da riqueza patrimonial, natural e histórica-cultural do entorno do Monte do Facho (co castro e o santuario galaico-romano de deus Berobreo) e da aldea medieval-moderna denominada “As Cortes” nun encrave privilexiado na área de Cabo Home, na Costa de Vela integrada na Rede Natura 2000d en Hío-Cangas.

As actuacións previstas contribúen a poñer en valor un espazo natural protexido e de alto valor etnográfico-arqueolóxico, a conservar e mellorar o medio ambiente, e a dotar de recursos interpretativos sobre os elementos do patrimonio natural-cultural (material e inmaterial) e sobre a biodiversidade ambiental da zona; favorecendo un desenvolvemento sustentable a través do uso das novas tecnoloxías, da interpretación e divulgación ambiental e da promoción turística local.

Ademais, existe un acordo entre a CMVMC de O Hío, a Asociación Cultural O Furatoxo, a Cooperativa de Pouso da Serra xunto co apoio do Concello de Cangas de traballo colaborativo para o desenvolvemento sostible e integral do proxecto.

Polo tanto, as actuacións previstas neste espazo singular terán un efecto medioambiental, educativo e cultural positivo, revalorizando o patrimonio cultural e natural do entorno e potenciando o turismo.

Publicado en Leader 2014-2020

Eventos -Calendario

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Ningún evento vindeiro!