Creación de área de lecer no Lago de Castiñeiras (Vilaboa)

  • Promotor: Comunidad de montes de San Martín de Vilaboa
  • Localización: San Martín de Vilaboa (Vilaboa)
  • Orzamento: 36.116,14 €
  • Axuda Aprobada: 14.265,88 €

Proxecto de carácter non produtivo promovido pola CMVMC de San Martín de Vilaboa coa finalidade de ampliar os espazos e os equipamentos de lecer no Lago de Castiñeiras dotándoo de infraestructuras de uso recreativo de libre acceso como reclamo turístico e de esparcemento, mediante a creación dunha zona específica de xogos que constará dunha tirolina de aprox.17m de lonxitude e 159m2 de superficie ocupada e dun circuíto de 180m2 con xogos de axilidade, actividades de equilibrio, balanceo, escalada e gateo fabricado en madeira de robinia, ademais de sinalización cun cartel sobre usos e recomendacións.

Os investimentos previstos localízanse nunha zona de actuación de 339m2 do Lago de Castiñeiras na parroquia de Vilaboa de afluencia de visitantes e veciños, e teñen como finalidade aumentar os servizos recreativos, lúdicos e de lecer actuais ó aire libre. Consisten en: partidas de obra civil de acondicionamento do terreo, seguridade e saude, etc, subministro e instalación dos equipamentos necesarios (elementos de lecer, tirolina e circuítos de axilidades, xunto coa colocación dun bordo de madeira e a cartelería), custos xerais (honorarios técnicos do proxecto).

Eventos -Calendario

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Ningún evento vindeiro!