O pasado luns 23 asistimos en Vigo, ao penultimo evento do Tunel dos Viños. O evento tivo lugar no espazo MUTA, e contou coa presenza de dous grandes expertos do sector vitivinícola: Alejandro Paadín e Martiño Santos. Alejandro Paadín, recoñecido pola súa ampla traxectoria, brindounos cunha masterclass que mergullou aos asistentes nas profundidades da enoloxía. Pola súa banda, Martiño Santos dirixiu as catas comentadas, nas que cada viño revelou a súa personalidade e historia. O próximo evento será en A Coruña o luns 30. ¡Esperámosvos en A Coruña!
Este mércores 18 inaugurouse a exposición “A RUTA DOS VIÑOS OCEÁNICOS" nas instalacións do GDR Pontevedra Morrazo. A “Ruta dos Viños Oceánicos” é un Itinerario enocultural da IXP Ribeiras do Morrazo, co fío condutor da cultura do viño na península do Morrazo e nas marxes atlánticas de Pontevedra, Redondela e Poio.Un itinerario enoturístico baseado nunha realidade histórica, antropolóxica e económica que xira arredor da nosa tradición vitivinícola. Unha ruta inspirada nos principios definitorios marcados pola UNESCO para os Itinerarios Culturais e que une os diferentes concellos e comarcas cuxa arraigada tradición cultural tivo como protagonista os viños e as castes…
A “Ruta dos Viños Oceánicos” é un Itinerario enocultural da IXP Ribeiras do Morrazo, co fío condutor da cultura do viño na península do Morrazo e nas marxes atlánticas de Pontevedra, Redondela e Poio. O vindeiro venres 27 de outubro comezá a primeira das catro actividades de divulgación sobre a "Ruta dos Viños Oceánicos" da IXP Ribeiras do Morrazo que terán lugar na sede do GDR Pontevedra Morrazo.Serán catro eventos temáticos con prazas limitadas que contarán, cunha mesa redonda ou faladoiro, unha peza musical relacionada co tema do coloquio e catas comentadas para probar e coñecer mellor os viños de…
O pasado Luns 16 de outubro tivemos a oportunidade de asistir ao Túnel dos viños das IXP de Galicia en Ourense, unha experiencia inesquecible para os amantes dos viños galegos. De 11h00 a 13h00: Disfrutamos dunha masterclass impartida por Luis e Alejandro Paadín. Ás 17h00 e ás 18h00: Tivemos as catas comentadas ofrecidas por Martiño Santos onde cada viño foi unha descuberta e os seus comentarios expertos axudáronnos a apreciar aínda máis cada trago. O encontro desenvolveuse no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Podeds asistir aos seguintes eventos incribindote na web viños.ixp.gal
O pasado 10 de outubro, o edificio da Deputación Provincial de Lugo serviu de escenario para as xornadas sobre os viños das IXP de Galicia, dirixidas especialmente a profesionais e amantes do vino. Dende as 11 ata as 13 h., Alejandro Paadín impartiu unha charla especializada sobre as particularidades dos viños das IXP galegas. Máis tarde, entre as 17 e as 20 h., Martiño Santos conducíu tres degustacións didácticas para os participantes. Ao longo do día, mostráronse os viños procedentes das cinco IXP de Galicia (Val do Miño Ourense, Terra de Barbanza e Iria, Terra de Betanzos, Ribeiras do Morrazo,…
O martes 10 de outubro celebrarase no Edificio da Deputación Provincial de Lugo o primeiro dos túneles do viño das Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia. Degustaranse viños de todas as IXP de Galicia, incluidos os da recén incorporada IXP Terras do Navia,  para coñecer as súas características diferenciais. A seguintes citas serán: O luns 16 de outubro no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense): masterclass de Luis e Alejandro Paadín (de 11 a 13 h.) e cata de viños comentada por Martiño Santos (ás 17 h. e ás 18 h.) O luns 23 outubro en MUTA (Vigo): masterclass de Luis e…
O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo ven de aprobar este venres os proxectos da convocatoria 2023/24 da medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020. De entre as solicitudes presentadas ata 31 de xaneiro de 2023, aprobáronse 11 proxectos que se subvencionarán na anualidade 2023/24 (submedida 19.2), ordenados en función da puntuación acadada do baremo e ata o límite máximo do crédito dispoñible para cada tipoloxía, así como unha lista de agarda formada por aqueles proxectos que contando cos informes favorables, non dispoñen de crédito na anualidade. O investimento total comprometido nos diferentes proxectos subvencionados ascende a 1.838.837,33 euros, e…
No Día Mundial do Turismo queremos compartir este vídeo sobre os atractivos dun itinerario enoturístico e cultural na IXP Ribeiras do Morrazo no que estamos a traballar. Deixade que a emoción vos leve!! Grazas a Maira Ratón pola súa paciencia, apoio e colaboración!! Vídeo completo na nosa canle de youtube!
Este xoves celebrouse no Pazo de Quián en Boqueixón a Xornada de presentación e coordinación do proxecto de cooperación “Desenvolvemento e Dinamización das IXP de Viños de Galicia 2023”. Tratase dun proxecto promovido por seis Grupos de Desenvolvemento Rural no que colaboran 16 adegas repartidas entre as cinco Indicacións Xeográficas Protexidas ao amparo das que se elaboran viños en Galicia. Ao longo desta mañá representantes das 16 adegas que forman parte das cinco IXP de Viños de Galicia, presentes nas catro provincias galegas, e os representantes de AGACAL, do grupo coordinador GDR Pontevedra Morrazo, do GDR DELOA, do GDR Mariñas-Betanzos,…
Este xoves, no Pazo da Cultura de Pontevedra, o GDR Pontevedra Morrazo celebrou Xunta directiva e Asemblea xeral, nas que se aprobou, entre outros asuntos a Estratexia de desenvolvemento participativo (EDLP) 2023_27 que orientará os fondos europeos do Programa LEADER dos vindeiros anos no territorio. A estratexia coordina e integra todos os elementos, todas as accións e actuacións sobre o territorio dirixíndoas a conseguir o obxectivo xeral de promover o emprego, o crecemento, a igualdade de xénero, a inclusión social e o desenvolvemento local. Para isto o Plan de acción contempla pequenos investimentos destinados á diversificación das actividades non agrícolas…