Este ano, Rachamos coa indiferenza, facendo camiño! No marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e en colaboración coa AGADER e a Secretaría Xeral da Igualdade e a Axencia Turismo de Galicia, o GDR Pontevedra-Morrazo dentro da campaña Rachemos coa Indiferenza está a preparar unha andaina baixo o lema común para todos os GDR de Galicia "O RURAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO" que se celebrará o vindeiro sábado 13 de novembro co obxectivo de concienciar e loitar contra a violencia de xénero.
A ruta, que terá unha lonxitude de 6 kilómetros e percorrerá un tramo do Camiño de Santiago Portugués, partirá ás 11 horas da Capela de Santa Marta de Bértola (Vilaboa) e rematará na sede do GDR Pontevedra-Morrazo en Mourente (Pontevedra).
Únete á Andaina "O RURAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO" e forma parte da loita.
#RACHEMOSCOAINDIFERENZA
Para participar é necesario enviar a folla de inscrición cumprimentada ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Máis información chamando ao 986 10 81 44.
IMPLICARÁ AOS 13 CONCELLOS DAS COMARCAS DE PONTEVEDRA E O MORRAZO NA campaña # RACHEMOS COA INDIFERENZA PARA SENSIBILIZAR Á poboación e promover un cambio social ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Consciente de que a violencia de xénero é un problema social e non só das mulleres agredidas e que a eliminación da violencia é un reto de toda a sociedade, que require dunha actuación conxunta e da máxima colaboración e cooperación, o GDR PONTEVEDRA MORRAZO puxo en marcha en 2019 unha CAMPAÑA DIXITAL DE SENSIBILIZACIÓN ENFOCADA Á CONCIENCIACIÓN SOCIAL EN MATERIA DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO dentro do acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Medio Rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, para a posta en marcha dalgunha das medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
ACTUACIÓNS 2020/21
Neste período, dándolle continuidade á campaña, puxéronse en marcha unha serie de accións combinadas no ámbito online e offline:
Para apoiar o labor de comunicación e dar visibilidade á campaña Rachemos coa Indiferenza creáronse redes sociais específicas para informar e estimular a participación e interacción das persoas e entidades:
https://instagram.com/rachemoscoaindiferenza/
https://www.facebook.com/rachemoscoaindiferenzaGDR/
O símbolo utilizado na campaña (que se pode descargar a través da web ou facebook) pretende mostrar publicamente un compromiso activo contra este tipo de violencia que ten a súa orixe na desigualdade de xénero.
A través da Web pódense tamén consultar os teléfonos de atención á muller, servizos asistenciais e outra información de interese de cada un dos 13 concellos do territorio do GDR Pontevedra Morrazo:
http://www.gdrpontevedramorrazo.eu/web/es/resp-social/rachemos-coa-indiferenza
Elaboráronse novos contidos audiovisuais para difusión en web e redes, destinados á concienciación e prevención da violencia de xénero.
A produción dos 4 micro-vídeos, combina grafismos con imaxes reais para transmitir as mensaxes da campaña facendo fincapé no seu lema central #RACHEMOS COA INDIFERENZA.
Os vídeos pretenden mobilizar á poboación e colocan ao conxunto da sociedade como protagonista da loita contra a violencia de xénero, apelando ao activismo da cidadanía, instándoa a rexeitar as violencias machistas, rachando co silencio e a pasividade.
Vídeo 1. A pasividade fainos cómplices: https://www.youtube.com/watch?v=qcyrWJ7U9SA
Vídeo 2. Ti podes cambiar as cousas: https://www.youtube.com/watch?v=fopY6yJn8EU
Vídeo 3. Rexeita as violencias machistas: https://www.youtube.com/watch?v=4MEm6osCVmU
Vídeo 4. Ver, oír e actuar!: https://www.youtube.com/watch?v=NIL68o6uvuw
O material de sensibilización é esencial á hora de dar visibilidade á campaña, por iso editáronse folletos explicativos e cartelería que permita difundir as mensaxes da campaña, facendo de efecto chamada sobre a mesma.
http://www.gdrpontevedramorrazo.eu/web/es/resp-social/rachemos-coa-indiferenza
Ademais, co obxectivo de levar a campaña as rúas, potenciando o seu impacto e facendo visible a adhesión das persoas coa mesma, adquiríronse “mascarillas faciais” con simboloxía da campaña, contribuíndo así a mellorar a consecución do obxectivo principal.
A difusión da campaña contará coa colaboración dos concellos do territorio do GDR Pontevedra Morrazo a través dos seus servizos de atención á muller, webs, redes sociais etc, optimizando esforzos e recursos.
O GDR Pontevedra Morrazo está a desenvolver unha CAMPAÑA DIXITAL DE SENSIBILIZACIÓN PARA PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO “ #RACHEMOS COA INDIFERENZA ” dentro do Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Medio Rural, a través da AGADER para a posta en marcha dalgunha das medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Os obxectivos da campaña son:
A violencia contra as mulleres é un problema social, e combatela, é responsabilidade de toda a sociedade e require a máxima colaboración e cooperación.
Prema na seguinte ligazón para visualizar os vídeos da campaña #RACHEMOS COA INDIFERENZA:
http://www.gdrpontevedramorrazo.eu/web/r-s/igualdade