Os participantes no curso "Xestión sustentable do monte e producións alternativas", comprendido dentro do programa formativo "Xestión Agroforestal Sustentable (2020)", tiveron ocasión de realizar unha visita á Comunidade de Montes de Meira, en Moaña, onde puideron coñecer a actividade que iniciaron os comuneiros no 2016 cun rabaño de caprino coa idea de controlar o matogueira e os incendios. Ademais, tamén puideron ver de primeira man os traballos da comunidade con outros produtos coma o mel ou os cogomelos, labores que complementan a plantación e xestión da masa forestal.
Agradecer aos membros da Comunidade de Montes a atención e colaboración dispensada no transcurso desta xornada.
Dende o luns 1 de abril estarán abertas as listas para inscribirse nos cursos do programa formativo “XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE (2019)” que celebrará o GDR Pontevedra Morrazo os meses de maio e xuño.
O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo, no marco da medida Leader 2014-2020, deseñou o programa formativo “XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE (2019)” de 54 horas lectivas baixo a metodoloxía de formación-acción, que ten unha dobre finalidade:
A proposta de contidos didácticos para cada unhas das accións formativas a desenvolver durante os meses de maio e xuño son:
Os cursos contemplados no plan formativo son totalmente gratuítos para os seus participantes. O criterio de admisión establecerase por orde de inscrición, ata cubrir o número de prazas existentes.
Os cursos, que inclúen visitas temáticas de traballo, serán impartidos e dirixidos por persoal técnico, con coñecemento específico da materia e experiencia en labores formativas e de traballo en grupo.
Inscrición gratuíta no telefono de contacto 986 108 144 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.