Os días 23 e 30 de setembro e o 6 de outubro o GDR Pontevedra-Morrazo organiza uns seminarios de traballo, dirixido aos seus promotores, para facilitar a elaboración de “Plans de Responsabilidade Social Corporativa (RSE/RSC)”.
Estas xornadas formativas, cun enfoque eminentemente práctico, organizaranse través de medios telemáticos para que empresas ou entidades do territorio poidan reflexionar na procura de respostas orixinais a carencias, problemas ou necesidades do contorno inmediato das organizacións.
A Responsabilidade Social representa unha nova perspectiva de xestión para todo tipo de entidades, grandes ou pequenas, lucrativas e non lucrativas. Trátase da integración voluntaria por parte das empresas ou entidades, das preocupacións sociais e medioambientais nas súas operacións comerciais e nas relacións cos seus interlocutores e a súa implantación require ineludiblemente do compromiso e a implicación do emprendedor ou máximo responsable da organización. Por esta razón é preciso que os emprendedores ou entidades que decidan avanzar nesta senda asuman motu proprio este modelo de xestión.
Por todo isto, co obxectivo de contribuír promover a Responsabilidade Social Corporativa nas empresas e entidades do territorio e sendo conscientes das limitacións que teñen os emprendedores en canto a medios materiais e persoais. O GDR Pontevedra Morrazo, facilitará a través destas xornadas prácticas, a elaboración de Plans RSE/RSC que melloren a competitividade das mesmas incorporando as inquedanzas sociais e ambientais no desenvolvemento das súas actividades.
“Xestión agroforestal sustentable (2020)” é un programa formativo de 60h lectivas, baixo a metodoloxía de formación-acción, que ten unha dobre finalidade:
Mellorar as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal para potencialo como alternativa emerxente de emprego e/ou emprendemento.
Reforzar e incrementar a profesionalización e capacitación da poboación activa nos ámbitos referidos, contribuíndo a mellorar as prácticas de traballo e impulsar os aproveitamentos.
Para isto, o programa formativo centrarase en:
A proposta de contidos didácticos para cada unha das accións formativas a desenvolver durante o periodo contemplado son:
Apicultura ecolóxica:
Comercialización:
Contido xeral:
Comercialización:
O curso de Horticultura ecolóxica inicia as súas clases telemáticas dentro do programa formativo “Xestión Agroforestal Sustentable 2020” que está a desenvolver o GDR Pontevedra Morrazo.
Esta modalidade de teleformación permite recibir a formación dunha maneira segura e tamén moi dinámica, dado que os alumnos poderán interactuar co profesorado, realizando consultas do mesmo xeito que o farían presencialmente, contando co apoio e acceso permanente, ao material formativo en liña, así como ás gravacións de cada sesión.
Nesta edición 2020, de 27 horas lectivas, abordaremos os seguintes contidos didácticos:
O curso de Horticultura Ecolóxica terá continuidade ata o 13 de outubro, no que finalizará cunha visita a unha explotación hortícola ecolóxica.
O GDR Pontevedra-Morrazo porá en marcha os dias 06 e 09 de outubro 2 seminarios de traballo, dirixido aos seus promotores, para facilitar a elaboración de “Plans de Responsabilidade Social Corporativa (RSE/RSC)”.
Estas xornadas formativas, cun enfoque eminentemente práctico, organizaranse través de medios telemáticos para que empresas ou entidades do territorio poidan reflexionar na procura de respostas orixinais a carencias, problemas ou necesidades do contorno inmediato das organizacións.
A Responsabilidade Social representa unha nova perspectiva de xestión para todo tipo de entidades, grandes ou pequenas, lucrativas e non lucrativas. Trátase da integración voluntaria por parte das empresas ou entidades, das preocupacións sociais e medioambientais nas súas operacións comerciais e nas relacións cos seus interlocutores e a súa implantación require ineludiblemente do compromiso e a implicación do emprendedor ou máximo responsable da organización. Por esta razón é preciso que os emprendedores ou entidades que decidan avanzar nesta senda asuman motu proprio este modelo de xestión.
Por todo isto, co obxectivo de contribuír promover a Responsabilidade Social Corporativa nas empresas e entidades do territorio e sendo conscientes das limitacións que teñen os emprendedores en canto a medios materiais e persoais , O GDR Pontevedra Morrazo, facilitará a través destas xornadas prácticas, a elaboración de Plans RSE/RSC que melloren a competitividade das mesmas incorporando as inquedanzas sociais e ambientais no desenvolvemento das súas actividades.
Dende este martes 22 de setembro estarán abertas as listas para inscribirse nos cursos da nova edición do programa formativo “XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE (2020) ” que celebrará o GDR Pontevedra Morrazo no vindeiro mes de outubro na modalidade de teleformación.
O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo, no marco da medida Leader 2014-2020, deseñou o programa formativo “XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE (2020)” de 60 horas lectivas baixo a metodoloxía de formación-acción, que ten unha dobre finalidade:
A proposta de contidos didácticos para cada unhas das accións formativas a desenvolver durante o mes de outubro son:
Os cursos contemplados no plan formativo son totalmente gratuítos para os seus participantes. O criterio de admisión establecerase por orde de inscrición, ata cubrir o número de prazas existentes.
Os cursos, que poderan incluir visitas temáticas de traballo (sempre que a situación epidemiolóxica o permita) serán impartidos e dirixidos por persoal técnico, con coñecemento específico da materia e experiencia en labores formativas e de traballo en grupo.
PRAZAS LIMITADAS: Para a inscrición deberase remitir a solicitude adxunta, debidamente cuberta, ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Dende este venres 1 de marzo están abertas as listas para inscribirse nos cursos do programa formativo “PROFESIONALIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO DA VITICULTURA NA IXP RIBEIRAS DO MORRAZO (2019)” que celebrará o GDR Pontevedra Morrazo entre os meses de marzo a xuño deste ano.
Nesta anualidade 2019, preténdese continuar a formación cunha proposta que afonda nas boas prácticas na viticultura e enoloxía, con referencias a modelos de viticultura integrada e/ ou ecolóxica e explorando actuacións de carácter colaborativo entre as propias IXP de viño de Galicia e de funcionamento cooperativo.
Obxectivos do proxecto
O programa formativo pretende dinamizar o sector vitivinícola, potenciando os seus coñecementos e o traballo en conxunto en torno ao que este selo de calidade supón.
O programa realizarase dende o mes de marzo ata o de xuño, en diferentes localidades do territorio da IXP.
Esta proposta de traballo basease nunha metodoloxía de formación-acción, que ten como obxectivo fundamental o de realizar un programa formativo de carácter práctico, que impulse a participación activa dos axentes implicados no desenvolvemento e articulación da citada indicación xeográfica protexida Ribeiras do Morrazo.
Os principais obxectivos que persegue o programa formativo 2019 son:
CALENDARIO
Inscrición gratuíta no telefono de contacto 986 108 144 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Xornada de intercambio de experiencias e coñecemento na IXP Barbanza e Iria. Os participantes nesta última sesión do programa formativo "Profesionalización e Desenvolvemento da viticultura na IXP Ribeiras do Morrazo" tiveron a ocasión de coñecer a adega e os viñedos de Antonio Saborido, con cepas prefiloxéricas cunha antiguidade estimada de 250 anos, e a finca e a adega Entre os Ríos.
Tamén disfrutaron dunha charla coloquio con Francisco Crusat, Francisco Rego e Jesús De la Fuente.