Os participantes no curso "Xestión sustentable do monte e producións alternativas", comprendido dentro do programa formativo "Xestión Agroforestal Sustentable (2020)", tiveron ocasión de realizar unha visita á Comunidade de Montes de Meira, en Moaña, onde puideron coñecer a actividade que iniciaron os comuneiros no 2016 cun rabaño de caprino coa idea de controlar o matogueira e os incendios. Ademais, tamén puideron ver de primeira man os traballos da comunidade con outros produtos coma o mel ou os cogomelos, labores que complementan a plantación e xestión da masa forestal.

Agradecer aos membros da Comunidade de Montes a atención e colaboración dispensada no transcurso desta xornada.

Publicado en novas

Visita dos integrantes do curso "Horticultura ecolóxica", enmarcado dentro do programa formativo "Xestión Agroforestal Sustentable (2020)", á explotación de Pilar Vispo en Camanzo, Vila de Cruces.

Os alumnos puideron coñecer de primeira man os pasos para producir en ecolóxico así como o sistema de comercialización dos produtos de horta baixo certificación ecolóxica.

Agradecer a Pilar a atención dispensada, así como a súa colaboración na xornada explicando os elementos esenciais da súa actividade.

 

 

 

Publicado en novas

O curso de Horticultura ecolóxica inicia as súas clases  telemáticas dentro do programa formativo “Xestión Agroforestal Sustentable 2020” que está a desenvolver o GDR Pontevedra Morrazo.

Esta modalidade de teleformación permite recibir a formación dunha maneira segura e tamén moi dinámica, dado que os alumnos poderán interactuar co profesorado, realizando consultas do mesmo xeito que o farían presencialmente, contando co apoio e acceso permanente, ao  material formativo en liña, así como ás gravacións de cada sesión.

Nesta edición 2020, de 27 horas lectivas, abordaremos os seguintes contidos didácticos:

  • Introdución a xestión dunha explotación hortícola en ecolóxico.
  • Regulamento europeo de produción ecolóxica.
  • Manexo do solo en cultivos ecolóxicos
  • Deseño do horto ecolóxico.
  • Rego e operación culturais agroecolóxicas para mellorar a eficiencia da auga e a conservación do solo.
  • Operacións de cultivo.
  • Fertilización.
  • Bases para a elaboración de compost.
  • Pragas, enfermedades e malas herbas (Clasificación. Tratamento e control)
  • Manexo vexetativo (Métodos de multiplicación de plantas. Poda. Asociacións rotacións de cultivos).
  • Comercialización (A comercialización dos productos. Canles de distribución e venda. Artesanía Alimentaria de Galicia e Venda Directa. Esquema dun plan de marketing).

O curso de Horticultura Ecolóxica terá continuidade ata o 13 de outubro, no que finalizará cunha visita a unha explotación hortícola ecolóxica.

Publicado en novas