Promotor: Cofogal,SL
Localización: Pontevedra
Orzamento: 280.663,00 €
Axuda aprobada: 100.926,41 €
Descrición: Proxecto de mecanización dunha empresa prestadora de servizos no sector forestal con actividade nas zonas de Pontevedra/área de influencia/Morrazo co obxectivo de incrementar o seu mercado de negocio e a productividade abordando novos servizos de tala e saca e limpeza de madeira para ser levada a súa transformación nas fábricas

Publicado en Leader 2007-2013
Promotor: Caracoles do Gallo S.C.
Localización: Santa María de Sacos, Cotobade – Concello de Pontevedra
 
 
 
Orzamento:52.300,00 €
Axuda aprobada: 25.522,40 €
Descrición: Proxecto de investimento en equipamento e maquinaria necesarios para montar una liña de envasado de caracol (autoclave con accesorios, caldeira de vapor eficiente de alto rendimento térmico e cerradora de latas) coa finalidade de procesar o caracol mediante a coción ,esterilización e enlatado do produto final para captar novos segmentos de mercado que demandan un producto mais elaborado.

O envasado, aumenta o valor engadido do produto, contribuindo a súa diferenciación e permitindo o acceso a novos nichos de mercado, canles de comercialización etc.

 

Publicado en Leader 2007-2013

Promotor: Hierros y aceros del Lérez S.L.
Localización: Lg. Polígono O Campiño , Concello de Pontevedra
Orzamento: 103.751,25 €
Axuda aprobada: 22.192,39 €
Descrición:
Proxecto de diversificación dunha empresa especializada na fabricación de arames de aceiro de alta resistencia para usos industriais, ubicada no polígono industrial de O Campiño, parroquia de Marcón, Pontevedra, que a través dun investimento en maquinaria e instalacións, pretende a elaboración dun novo producto, o arame galvanizado con recocido, sometido a un tratamento térmico que lle proporciona maior calidade, que lle permitirá acceder a empresa a novos nichos de mercado dentro do sector da construción, o sector da viticultura etc.
Ademais o proxecto contempla a utilización de enerxías renovables, mediante a instalación de paneis fotovoltaicos, para autoconsumo, no proceso de elaboración do arame galvanizado recocido.
O investimento material consiste nun forno de gas de recocido para arame galvanizado (600KWt) e bancada de colocación en material aillante (Usados), e instalacións de gas e paneis fotovoltaicos e honorarios técnicos por un importe total presentado de 103.751,25 € , IVE excluído.

Publicado en Leader 2007-2013

Promotor: Hifas da Terra,SL
Localización:Pontevedra
Orzamento:324.075,497 €
Axuda aprobada:109.829,15 €
Descrición:
Hifas da Terra pretende con este proxecto a creación dun centro de interpretación, exposición e venda micolóxica no que se prestarán novos servicios micoturísticos e didáctico-formativos sobre a micoloxía aplicada, a producción das novas especies de cultivo, sobre a aplicación terapéutica ou cosmética dos fundos e onde se potenciarán as vendas da empresa valorizando a producción autóctona do territorio. Ademais o proxecto plantexa un roteiro micolóxico polas instalacións e áreas productivas da empresa que complementen ó centro e ás actividades propostas.

 

Publicado en Leader 2007-2013