O GDR Pontevedra Morrazo promocionará a IXP Ribeiras do Morrazo no Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU 2019) a través da difusión nas diferentes seccións do festival, do material audiovisual da marca así como das catas/degustacións dos actos de inauguración e clausura previstos.

O FICBUEU é unha cita cultural única, na que participarán máis de 15.000 persoas  que a longo de nove días ( do 6 ao 14 de setembro) poderán desfrutar dun total de 128 filmes e de 65 actividades programadas.

Máis info: https://www.ficbueu.com/

 

Publicado en novas
Martes, 24 Outubro 2017 10:25

Valorización patrimonial de Ermelo (Bueu)

Promotor: Concello de Bueu
Localización: Bueu
Orzamento: 71.320,00 €
Axuda aprobada: 39.582,60 €
Descrición:
Recuperación de elementos do patrimonio cutural e dos valores paisaxísticos da parroquia de Ermelo, mediante a posta en valor do conxunto de recursos emblemáticos do patrimonio histórico-cultural (material e inmaterial) e natural (medioambiental) do entorno ligado ó lugar de Ermelo (Bueu).

Publicado en Leader 2007-2013
Promotor: Concello de Vilaboa
Localización:Vilaboa
Orzamento: 48563,85 €
Axuda aprobada: 24116,81 €
Descrición: O Concello de Vilaboa proxecta a posta en marcha dunha rede propia de transmisión de datos distribuída mediante preWIMAX-WIFI coa creación de 4 puntos operativos de acceso veciñal ás sociedade da información no municipio que permita dar servizo e cobertura a espazos e centros públicos, como o Local Social "O Pincho" en Vilaboa e as Casas de Cultural de Paredes, Figueirido e Santa Cristina de Cobres.
 
Publicado en Leader 2007-2013
Ningún evento vindeiro!