Novo LEADER 2014-2020

O programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, aprobado pola Comisión Europea o 18 de novembro de 2015, conta cun orzamento total  de  1.186,4 millóns EUR de fondos públicos (889,8 millóns EUR con cargo a UE, e 296,6 millóns EUR de cofinanciación nacional).

No Marco do PDR de Galicia, A Consellería do Medio Rural, publicou no Diario Oficial de Galicia do 2 de marzo de 2016, a Orde de Bases Reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader.

O Leader Galicia 2014-2020 contará cun orzamento global de 84 millóns de euros para pequenos investimentos dirixidos á diversificación das actividades non agrícolas,  ao reforzo dos servizos básicos e ás infraestruturas colectivas de pequena escala, á mellora das condicións de vida da poboación rural , e para á creación de emprego e de novas oportunidades empresariais.

Novo mapa LEADER Galicia 2014-2020

Estatutos sociais modificados GDR Pontevedra Morrazo.2016

Bases para a selección e contratación do equipo xestor do GDR Pontevedra Morrazo

Convocatoria PROBA ESCRITA para Técnico/a e Administrativo/a

Ningún evento vindeiro!