Peche do programa formativo "Profesionalización e Desenvolvemento da viticultura na IXP Ribeiras do Morrazo (2018)"

Xornada de intercambio de experiencias e coñecemento na IXP Barbanza e Iria. Os participantes nesta última sesión do programa formativo "Profesionalización e Desenvolvemento da viticultura na IXP Ribeiras do Morrazo" tiveron a ocasión de coñecer a adega e os viñedos de Antonio Saborido, con cepas prefiloxéricas cunha antiguidade estimada de 250 anos, e a finca e a adega Entre os Ríos.

Tamén disfrutaron dunha charla coloquio con Francisco Crusat, Francisco Rego e Jesús De la Fuente.

Ningún evento vindeiro!