Campaña Que hai nesta botella?

O obxectivo da campaña é dar a coñecer a IXP Ribeiras do Morrazo a sociedade/mercado, darlle visibilidade, identidade, e dicir pretende o RECOÑECEMENTO SOCIAL desta marca de garantía cunha dobre finalidade:

  1. DINAMIZAR A VITICULTURA E OS VITICULTORES DO TERRITORIO
  2. POSICIONAR OS VIÑOS DA IXP CARA AO MERCADO

A MENSAXE

EN RELACIÓN AO OBXECTIVO DE DINAMIZACIÓN,

  • A campaña pretende poñer en valor o traballo dos viticultores
  • Comunicar que existe, unha viticultura, marítima, inxerida no atlántico, OCEÁNICA, de gran potencial
  • Que hai unha oportunidade para novas iniciativas vitivinícolas de calidade, para o enoturismo etc.
  • Que hai novas oportunidades de emprendemento e emprego no rural, e dicir, que HAI FUTURO.

EN RELACIÓN AO OBXECTIVO DE POSICIONAMENTO,

A campaña vai a incidir nos VIÑOS XENÉRICOS DA IXP, NA SÚA IDENTIDADE E AUTENTICIDADE, NO SEU CARÁCTER OCEÁNICO... pero tamén vai incidir NOUTROS ELEMENTOS OU ATRIBUTOS INTANXIBLES, na súa historia etc., porque detrás do recoñecemento da IXP hai tamén unha historia dun David que naceu

á sombra dun Goliat, a historia dun territorio vivo de gran potencial que se resiste ao abandono dos viñedos

EN DEFINITIVA a campaña pretende que cando unha persoa tome un Ribeiras do Morrazo,  saiba que ademais de beber un VIÑO SAUDABLE, FRESCO, OCEÁNICO... DE CALIDADE,  esta contribuíndo a frear o abandono de viñedos, a fixar poboación, a preservar a paisaxe, a apoiar a economía local... en definitiva, contribuíndo ao DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE DO TERRITORIO.

MEDIOS

A campaña articulase en torno ás redes sociais, FACEBOOK, INSTAGRAM E YOUTUBE

Na redes esta previsto realizar un concurso de vídeo e fotografía co lema  QUE HAI NESTA BOTELLA? para buscar a complicidade e apoio dos públicos aos que nos diriximos.

Contempla a creación e edición de material multimedia (Reportaxe fotográfica, Clips de vídeo, Desenvolvemento dun Storytelling, Grafismo común) que alimente as redes sociais e paxina web así como  cartelería e folletos

DIFUSIÓN E PUBLICIDADE

A campaña vaise difundir e publicitar a través das propias redes sociais medios de comunicación on line e off line, prensa especializada e TVG.

#ixpribeirasdomorrazo #viñosoceanicos #quehainestabotella#haifuturo #gdrpontevedramorrazo

 

MÁIS INFORMACIÓN

https://www.youtube.com/watch?v=vUZRz4ItF9Y

https://www.facebook.com/961447397374110/videos/863745200679739/

Ningún evento vindeiro!