O GDR Pontevedra Morrazo culmina a primeira fase dos traballos preparatorios para converterse en entidade colaboradora da Xunta de Galicia na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, coa solicitude formalizada este luns 01 de agosto de 2022. Os traballos preparatorios comezaron o pasado 2 de xuño, data na que se publicaron as bases reguladoras. Entre outros asuntos, aprobáronse en Asemblea xeral a modificación dos estatutos necesaria para cumprir as condicións de admisibilidade do novo período,  e  púxose en marcha a campaña #somos GDR para animar ás asociacións e entidades do territorio a participar e formar parte do GDR,…
#somosGDR é unha campaña que busca a participación activa das entidades e asociacións do territorio no Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo. As asociacións de mulleres, mozos, entidades de acción social, relacionadas coa protección e/ou mellora do ambiente, sector agrario, cultural, asociacións de empresarios e profesionais, etc. do territorio podedes formar parte do GDR. Por que asociarse ao GDR? Porque vos sentides orgullosos do noso territorio. Porque representades un reforzo social e sectorial para o GDR. Traeredes novas ideas, valores e obxectivos. Enriqueceredes os nosos debates facéndonos máis plurais. Para colaborar no deseño e xestión da estratexia de desenvolvemento local.…
Durante todo o día tiveron lugar, na contorna da Capela da Esperela (Paderne), as cuartas Xornadas de divulgación e Túnel do viño das Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) de Galicia, coa IXP Terra de Betanzos como anfitrioa. Institucións, e expertos coincidiron na importancia do valor diferencial e identitario dos viños con indicación xeográfica. Profesionais da hostalería e público xeral puideron comprobar a calidade diferencial destes viños nas catas comentadas que se celebraron pola tarde. José González Vázquez, Conselleiro de Medio Rural, José Ramón Rioboo Castro, alcalde de Culleredo e Delegado de Transición Ecolóxica, Emprego e Territorio Sostible da Deputación da Coruña, César…
As estratexias de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas, as características do branco lexítimo (variedade por excelencia da IXP Terra de Betanzos), o papel das Oficinas Agrarias Comarcais no desenvolvemento das IXP de Viños ou a promoción de produtos agroalimentarios dende a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo serán algúns dos temas que se abordarán nos faladoiros que se van celebrar no entorno da Capela da Esperela (Paderne) o vindeiro martes 12 de xullo. Ese mesmo día celebrarase un acto institucional de apoio no que participarán representantes de concellos do ámbito de Betanzos e da administración pública galega. Pola tarde e no mesmo lugar terá lugar o túnel do…
O vindeiro xoves, 7 de xullo, celebraremos unha xornada técnica de divulgación sobre o novo decreto de artesanía alimentaria impartida e financiada por Agacal, co fin de animar aos operadores deste ámbito a inscribirse baixo esta marca de calidade diferenciada.  Así, a formación levarase a cabo na sede do GDR Pontevedra Morrazo en horario de mañá (10,00 a 13,00 horas). Ao longo da xornada abordaranse os obxectivos deste selo e as condicións xerais para a produción de alimentos artesáns, ademais da normativa reguladora correspondente, o control e certificación da actividade artesá e a flexibilización das normas de hixiene. Tamén se tratará o…
A Xunta Directiva e Asemblea do GDR celebrada onte no Pazo da Cultura de Pontevedra acordaron, entre outros asuntos, a presentación da candidatura do GDR Pontevedra Morrazo como entidade colaboradora da Xunta de Galicia para a xestión da medida LEADER de Galicia 2023_27. Os traballos preparatorios iniciáronse o pasado 2 de xuño, data na que se publicaron as bases reguladoras para a selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, para a concesión de axudas orientadas á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras…
Onte celebramos en Cenlle (Ourense) o 30 aniversario da medida Leader en Galicia. Dende  a súa posta en marcha na Unión Europea no ano 1991, baixo esta metodoloxía promovéronse no rural galego a través dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de Galicia, máis de 7.300 proxectos que mobilizaron máis de 930 millóns de euros, creando máis de 5.000 novos empregos e consolidando cerca de 6.000. O  LEADER, polo tanto, foise consolidando como unha ferramenta eficaz, que cos seus erros e acertos, conseguiu superar con éxito os obxectivos, expectativas e previsións iniciais.
O centro de día da parroquia de Sobral, concello de Soutomaior, que contou cunha axuda do programa Leader de máis de 134.000 euros, recibiu onte a visita da Directora Xeral de AGADER, Inés Santé, do presidente do GDR Pontevedra Morrazo, Miguel A. Fernández Lores, do alcalde de Soutomaior, do Subdirector de AGADER e do director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón . Alí, Inés Santé destacou que a achega xestionada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, previa selección do GDR Pontevedra-Morrazo, supuxo cubrir o 45% do investimento destas instalacións para 48 prazas, cunha superficie útil construída de máis de 230 m², emprazadas na parroquia de Sobral,…
O sábado 28 de maio tivo lugar, no Pazo de Goiáns (Boiro), o terceiro Túnel do viño das Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) de Galicia, na que foi protagonista a IXP Barbanza-Iria. Institucións, adegueiros, profesionais da hostalería e público xeral brindaron polos viños das IXP de Galicia, viños de calidade e comprometidos coa preservación do patrimonio cultural e vitivinícola. O túnel inaugurouse coa lectura dunha declaración institucional a través da que se busca o compromiso das entidades locais cos viños das Indicacións Xeográficas Protexidas para a promoción dos seus viños, o fomento do seu consumo e o reforzo do sector vitícola…
O asociacionismo no sector vitivinícola e a recuperación de terras para o seu cultivo serán os temas centrais das xornadas divulgativas que se celebrarán en Valga e Rianxo os días 24 e 25 de maio. O sábado 28 terá lugar no Pazo de Goiáns (Boiro), o Túnel do viño, no que profesionais da hostalaría e público xeral poderán coñecer os viños desta IXP e das outras tres que existen en Galicia. Ese mesmo día, celebrarase un acto institucional de apoio no que participarán representantes de concellos e da administración pública.   Descargar Programa Valga, Rianxo e Túnel do viño en Boiro  A asistencia aos eventos é gratuíta e as prazas son…