O GDR Pontevedra Morrazo participará nos “Encontros coa Economía Social” que terán lugar dentro da programación da Feira das Industrias Culturais (Culturgal, 2019). 

Os “Encontros coa Economía Social” son breves espazos de reunión nos que distintas entidades do sector cultural galego presentan a representantes institucionais, administracións, empresas, programadoras e técnicas culturais unha proposta de actividade, iniciativa ou produto que poida resultar do seu interese.

O Culturgal celebrarase entre o 29 de novembro e o 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

 

Máis información: https://v2.culturgal.com/programa

 

 

Publicado en novas

Este mércores 20 de novembro presentouse a campaña dixital de sensibilización para prevención da violencia de xénero #RACHEMOS COA INDIFERENZA que está a desenvolver o GDR Pontevedra Morrazo na Casa da Luz do Concello de Pontevedra coa asistencia de Miguel Anxo Fernández Lores, como presidente do GDR e alcalde do Concello de Pontevedra, Miguel Ángel Pérez Dubois, como Director Xeral da Agader e Ana Ortiz Álvarez como Secretaria Xeral da Xunta de Galicia en Pontevedra. Ademais, tamén asistiron alcaldes, concelleiros e persoal técnico dos servizos de atención á muller dos diferentes concellos vencellados ao GDR.

Conscientes de que a violencia de xénero é un problema social e non só das mulleres agredidas e que a eliminación da violencia é un reto de toda a sociedade que require unha actuación conxunta e a máxima colaboración e cooperación, o GDR PONTEVEDRA MORRAZO pon en marcha esta CAMPAÑA DIXITAL DE SENSIBILIZACIÓN ENFOCADA Á CONCIENCIACIÓN SOCIAL EN MATERIA DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO dentro do acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza e a Consellería de Medio rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a posta en marcha dalgunha das medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

A campaña deseñouse co obxectivo de contribuír á reflexión sobre a problemática da violencia de xénero e sensibilizar á poboación de cara a súa prevención e á promoción da igualdade e consiste no deseño e realización dunha imaxe e slogan así como a creación de tres vídeos curtos para a difusión nos distintos espazos web e redes sociais dos 13 concellos vencellados ao GDR Pontevedra Morrazo.

Publicado en novas
Xoves, 14 Novembro 2019 17:00

Campaña #RACHEMOS COA INDIFERENZA

O GDR Pontevedra Morrazo está a desenvolver unha CAMPAÑA DIXITAL DE SENSIBILIZACIÓN PARA PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO  “ #RACHEMOS COA INDIFERENZA ” dentro do Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Medio Rural, a través da AGADER para a posta en marcha dalgunha das medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Os obxectivos da campaña son:

  •  PROMOVER A IGUALDADE E SENSIBILIZAR AOS DISTINTOS COLECTIVOS DA POBOACIÓN.
  • INFORMAR E CONCIENCIAR ACERCA DA PROBLEMÁTICA DA VIOLENCIA DE XÉNERO, RECURSOS E SERVIZOS DE APOIO.
  • PROMOVER UN CAMBIO SOCIAL, AUMENTANDO A CONCIENCIA SOBRE A PROBLEMÁTICA DA DESIGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES E A VIOLENCIA SOBRE A MULLER.

A violencia contra as mulleres é un problema social, e combatela, é responsabilidade de toda a sociedade e require a máxima colaboración e cooperación.

Prema na seguinte ligazón para visualizar os vídeos da campaña #RACHEMOS COA INDIFERENZA:

http://www.gdrpontevedramorrazo.eu/web/r-s/igualdade

 

Publicado en novas

Os vindeiros días 9, 10 e 11 de novembro no Recinto Feiral de Pontevedra a Indicación Xeográfica Protexida RIBEIRAS DO MORRAZO estará presente na feira do gourmet galego Etiqueta Negra, da man do GDR Pontevedra Morrazo coa intención de poñer en valor e consolidar a imaxe da IXP no mercado.

Trátase dunha cita gastronómica, que reunirá nun mesmo espazo a profesionais do sector, produtores e consumidores co fin de coñecer as tendencias de mercado, identificar novas liñas de negocio e difundir a excelencia dos produtos gourmet e delicatessen galegos.

Nesta cuarta edición, poderanse coñecer e degustar os viños desta nova Indicación Xeográfica protexida vitivinícola e apreciar todos os matices destes viños oceánicos a través das catas comentadas.

Máis información

https://etiquetanegragourmet.com/programa-2019/

Publicado en novas

O GDR Pontevedra Morrazo está a colaborar no Proxecto "A gastronomía fai camiño" solicitado pola Asociación de GDR de Galicia dentro do Programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

Os obxectivos do proxecto son:

-A elaboración dunha guía de pratos tradicionais e de producións locais e de tempada polas comarcas por onde transcorren os distintos Camiños de Santiago.

-A realización dunha degustación destas receitas convidando aos restaurantes dese Camiño coa finalidade de animar aos hostaleiros a ofertar un menú para as persoas que peregrinen e o turismo en xeral elaborado con producións locais, tradicionais e de tempada.

A través do proxecto A gastronomía fai camiño preténdese poñer en valor a gastronomía local e tamén dar a coñecer as tradicións asociadas aos produtos de cada zona.

Con tal motivo, o GDR Pontevedra Morrazo en colaboración coa Asociación de GDR de Galicia organizou este martes 8 de outubro un showcooking/degustación no Restaurante El Cafetín en Pontevedra con elaboración de tapas baseadas na gastronomía local e maridadas con viños da IXP Ribeiras do Morrazo.

A este acto estiveron convidados a participar os restaurantes así coma os Grupos de Desenvolvemento Rural do territorio por onde transcorre o Camiño Portugués.

Publicado en novas

O GDR Pontevedra-Morrazo organiza unhas xornadas formativas de axuda para elaboración dun “Plan de Responsabilidade Social Corporativa” dirixidas aos seus promotores. As datas previstas para a celebración das sesións teórico-prácticas son o luns 30 de setembro e o mércores 2 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra (seminario nº 8) en horario de 17:30-20:30 h.

Publicado en novas

O GDR Pontevedra-Morrazo ven de participar na 1ª reunión do grupo de traballo da Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, que ten como obxectivo deseñar unha estratexia común e coordinada para o sector vitivinícola galego, reforzando a súa relación co sector turístico e o aproveitamento dos recursos do territorio, actuando como elemento tractor e dinamizador dos espazos rurais. Ademais, búscase mellorar o posicionamento dos viños galegos no seu conxunto, reforzar a súa imaxe de marca e identidade vinculada aos diversos territorios nos que se producen e mellorar a eficacia da promoción e comercialización en conxunto dos produtos turísticos vinculados ao sector vitivinícola galego.

Publicado en novas
Venres, 13 Setembro 2019 07:00

II Encontro Leader Galicia 2019

Un ano máis o GDR Pontevedra-Morrazo participou no II Encontro Leader Galicia que tivo lugar na Estrada adicado ao turismo como dinamizador do rural. O evento organizado pola AGADER e a  Asociación de GDR de Galicia contou, entre outros, coa presenza do conselleiro de Medio Rural, José González, e coa do director de Agader, Miguel Pérez Dubois. O acto celebrouse nunha carpa aberta na Praza do Concello onde os 24 GDR expuseron vídeos e imaxes de cada territorio e na que o GDR Pontevedra-Morrazo presentou o novo material promocional de Enoturismo da Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo baixo o lema "A emoción de deixarse levar".

Ademais, entre outras actividades, tivo lugar a presentación da primeira edición dos premios Leader, unha degustación de produtos dos 24 territorios e a presentación de grandes fitos turísticos dos GDRs.

 

 

 

Publicado en novas

O GDR Pontevedra Morrazo promocionará a IXP Ribeiras do Morrazo no Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU 2019) a través da difusión nas diferentes seccións do festival, do material audiovisual da marca así como das catas/degustacións dos actos de inauguración e clausura previstos.

O FICBUEU é unha cita cultural única, na que participarán máis de 15.000 persoas  que a longo de nove días ( do 6 ao 14 de setembro) poderán desfrutar dun total de 128 filmes e de 65 actividades programadas.

Máis info: https://www.ficbueu.com/

 

Publicado en novas

A Xunta Directiva do GDR Pontevedra Morrazo ven de aprobar os proxectos da convocatoria 2019 de axudas europeas  Leader 2014-2020 por importe de 1.961.421,87 euros de investimento total e 770.116,925 euros de axuda pública.  

O xoves 18 de xullo,  celebrouse no Pazo de Cultura de Pontevedra a reunión da Xunta Directiva do GDR Pontevedra  Morrazo coa finalidade de aprobar os proxectos da convocatoria 2019/20 da medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020,  que xestiona o Grupo de Desenvolvemento Rural  Pontevedra Morrazo.

De entre as solicitudes presentadas ata 01 de abril de 2019, a Xunta Directiva aprobou 11 proxectos que se subvencionarán na anualidade 2019/20 (submedida 19.2), ordenados en función da puntuación acadada do baremo e ata o límite máximo do crédito dispoñible para cada tipoloxía, así como unha lista de agarda formada por aqueles proxectos que contando cos informes favorables, non dispoñen de  crédito na anualidade.

O investimento total comprometido nos diferentes proxectos subvencionados ascende a 1.961.421,87 euros, e contribuirán a creación e consolidación de 54,93 empregos (UTAS) dos cales 14,5 empregos serán de nova creación. A proposta de axuda pública total concedida foi de 770.116,92 euros. 

Publicado en novas