Dende este venres 1 de marzo están abertas as listas para inscribirse nos cursos do programa formativo “PROFESIONALIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO DA VITICULTURA NA IXP RIBEIRAS DO MORRAZO (2019)” que celebrará o GDR Pontevedra Morrazo entre os meses de marzo a xuño deste ano.

Nesta anualidade 2019, preténdese continuar a formación cunha proposta que afonda nas boas prácticas na viticultura e enoloxía, con referencias a modelos de viticultura integrada e/ ou ecolóxica e explorando actuacións de carácter colaborativo entre as propias IXP de viño de Galicia e de funcionamento cooperativo.

Obxectivos do proxecto

O programa formativo pretende dinamizar o sector vitivinícola, potenciando os seus coñecementos e o traballo en conxunto en torno ao que este selo de calidade supón.

O programa realizarase dende o mes de marzo ata o de xuño, en diferentes localidades do territorio da IXP.

Esta proposta de traballo basease nunha metodoloxía de formación-acción, que ten como obxectivo fundamental o de realizar un programa formativo de carácter práctico, que impulse a participación activa dos axentes implicados no desenvolvemento e  articulación da citada indicación xeográfica protexida Ribeiras do Morrazo.

Os principais obxectivos que persegue o programa formativo 2019 son:

  1. Continuar reforzando e empoderando ao sector de viticultores e adegueiros da zona comprendida na IXP Ribeiras do Morrazo.
  2. Mellorar os coñecementos e a capacitación profesional das persoas participantes, para acadar un sector vitícola e vinícola, máis dinámico, moderno e proactivo.
  3. Impulsar a xeración de iniciativas de emprendemento ligadas a modelos, como por exemplo o cooperativo.
  4. Reforzar e dar a coñecer ao propio sector, coa realización de diferentes actividades, en diferentes concellos da zona territorial que comprende a IXP, e o propio GDR.

 

CALENDARIO

Calendario IXP

Inscrición gratuíta no telefono de contacto  986 108 144 ou a través do  correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Publicado en novas

Xornada de intercambio de experiencias e coñecemento na IXP Barbanza e Iria. Os participantes nesta última sesión do programa formativo "Profesionalización e Desenvolvemento da viticultura na IXP Ribeiras do Morrazo" tiveron a ocasión de coñecer a adega e os viñedos de Antonio Saborido, con cepas prefiloxéricas cunha antiguidade estimada de 250 anos, e a finca e a adega Entre os Ríos.

Tamén disfrutaron dunha charla coloquio con Francisco Crusat, Francisco Rego e Jesús De la Fuente.

Publicado en novas
Ningún evento vindeiro!