Os participantes no curso "Xestión sustentable do monte e producións alternativas", comprendido dentro do programa formativo "Xestión Agroforestal Sustentable (2020)", tiveron ocasión de realizar unha visita á Comunidade de Montes de Meira, en Moaña, onde puideron coñecer a actividade que iniciaron os comuneiros no 2016 cun rabaño de caprino coa idea de controlar o matogueira e os incendios. Ademais, tamén puideron ver de primeira man os traballos da comunidade con outros produtos coma o mel ou os cogomelos, labores que complementan a plantación e xestión da masa forestal.
Agradecer aos membros da Comunidade de Montes a atención e colaboración dispensada no transcurso desta xornada.
Visita de estudo dos participantes no curso "Horticultura ecolóxica", comprendido dentro do programa formativo "Xestión agroforestal sustentable (2019)" que o GDR está a desenvolver, ás explotacións agrícolas ecolóxicas de Lourdes Enes en Covelo e de Antonia Pereira en Alxén (Salvaterra de Miño) para coñecer de primeira man o seu labor neste ámbito.
Agradecer a ambas a súa colaboración e a boa atención dispensada.
O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle dende este mércores o primeiro curso do programa formativo Xestión Agroforestal Sustentable 2019 dedicado a horticultura ecolóxica que organiza o GDR Pontevedra Morrazo e que se desenvolverá ao longo do mes de maio e xuño.
Tralo éxito do ano anterior, a nova proposta formativa do GDR que conta con máis de 30 inscritos abordará ao longo das 54 horas lectivas do programa os fundamentos da horticultura e gandería ecolóxica, a xestión sustentable do monte e producións alternativas así como un curso transversal dedicado á comercialización, responsabilidade social e innovación dentro do sector ecolóxico.
Os cursos contemplados do programa formativo, que son totalmente gratuítos para os seus participantes, inclúen visitas temáticas de traballo, e serán impartidos e dirixidos por persoal técnico, con coñecemento específico da materia e experiencia en labores formativas e de traballo en grupo.
Lembremos que esta acción formativa xurde no marco da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020 do GDR Pontevedra Morrazo para desenvolver no territorio reforzando e mellorando as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal.
O programa ten polo tanto, unha dobre finalidade:
Para isto, o programa formativo centrarase en:
Nesta edición de 2019, a proposta de contidos didácticos para cada unhas das accións formativas a desenvolver baixo a metodoloxía de “formación-acción” serán os seguintes:
Apicultura ecolóxica:
Ovino e caprino ecolóxico:
Porcino ecolóxico:
O castiñeiro
Micoloxía como alternativa produtiva forestal