Promotor: Hifas da Terra,SL
Localización: Pontevedra
Orzamento: 397.002,81 €
Axuda aprobada: 150.861,07 €
Descrición: Modernización e ampliación das instalacións en Portamuiños creando un centro de transformación micolóxico, unha nave para exposición de plantas micorrizadas e productos de cultivo, e unha instalación auxiliar de almacenamento.

Publicado en Leader 2007-2013

Promotor: Concello de Pontevedra
Localización: Lg. Lusquiños, Concello de Tomeza - Pontevedra
Orzamento: 138.746,40 €
Axuda aprobada: 35.421,96 €
Descrición:
Rehabilitación e acondicionamento dun edificio municipal para destinalo a centro cívico e social da parroquia de Tomeza, en Pontevedra conforme ao proxecto do técnico municipal D.Angel Velando Rodriguez, por importe de 167.883,14 € IVE incluído.
A actuación levarase a cabo na antiga escola unitaria de Tomeza, no lugar de Lusquiños As obras están orientadas á rehabilitación da edificación existente para o seu uso como centro cívico e social da veciñanza, polo que se prevé acondicionar o interior do edificio, mellorando a accesibilidade de salas e accesos e creando aseos adaptados, adoptándose ademais medidas que melloran a eficiencia enerxética da instalación, e dotarase dun equipamento básico (mobiliario e novas tecnoloxías) para realizar a súa función.

Publicado en Leader 2007-2013
Promotor: Redenor, S.L.
Localización: Pontevedra
 
 
 
Orzamento: 82.000,00 €
Axuda aprobada: 27.929,20 €
Descrición: Proxecto de adquisición de maquinaria para unha empresa de servizos forestais que aumenta a súa capacidade productiva permitindo ofrecer novos servizos (devasas, recheos e pistas forestais), evitando a subcontratación e facendo a empresa maís competitiva.

O investimento material consiste na adquisición de maquinaria (BULLDOZER FIAT D180). 

Publicado en Leader 2007-2013

Promotor: Cofogal,SL
Localización: Pontevedra
Orzamento: 280.663,00 €
Axuda aprobada: 100.926,41 €
Descrición: Proxecto de mecanización dunha empresa prestadora de servizos no sector forestal con actividade nas zonas de Pontevedra/área de influencia/Morrazo co obxectivo de incrementar o seu mercado de negocio e a productividade abordando novos servizos de tala e saca e limpeza de madeira para ser levada a súa transformación nas fábricas

Publicado en Leader 2007-2013
Promotor: Caracoles do Gallo S.C.
Localización: Santa María de Sacos, Cotobade – Concello de Pontevedra
 
 
 
Orzamento:52.300,00 €
Axuda aprobada: 25.522,40 €
Descrición: Proxecto de investimento en equipamento e maquinaria necesarios para montar una liña de envasado de caracol (autoclave con accesorios, caldeira de vapor eficiente de alto rendimento térmico e cerradora de latas) coa finalidade de procesar o caracol mediante a coción ,esterilización e enlatado do produto final para captar novos segmentos de mercado que demandan un producto mais elaborado.

O envasado, aumenta o valor engadido do produto, contribuindo a súa diferenciación e permitindo o acceso a novos nichos de mercado, canles de comercialización etc.

 

Publicado en Leader 2007-2013

Promotor: Hierros y aceros del Lérez S.L.
Localización: Lg. Polígono O Campiño , Concello de Pontevedra
Orzamento: 103.751,25 €
Axuda aprobada: 22.192,39 €
Descrición:
Proxecto de diversificación dunha empresa especializada na fabricación de arames de aceiro de alta resistencia para usos industriais, ubicada no polígono industrial de O Campiño, parroquia de Marcón, Pontevedra, que a través dun investimento en maquinaria e instalacións, pretende a elaboración dun novo producto, o arame galvanizado con recocido, sometido a un tratamento térmico que lle proporciona maior calidade, que lle permitirá acceder a empresa a novos nichos de mercado dentro do sector da construción, o sector da viticultura etc.
Ademais o proxecto contempla a utilización de enerxías renovables, mediante a instalación de paneis fotovoltaicos, para autoconsumo, no proceso de elaboración do arame galvanizado recocido.
O investimento material consiste nun forno de gas de recocido para arame galvanizado (600KWt) e bancada de colocación en material aillante (Usados), e instalacións de gas e paneis fotovoltaicos e honorarios técnicos por un importe total presentado de 103.751,25 € , IVE excluído.

Publicado en Leader 2007-2013

Promotor: Hifas da Terra,SL
Localización:Pontevedra
Orzamento:324.075,497 €
Axuda aprobada:109.829,15 €
Descrición:
Hifas da Terra pretende con este proxecto a creación dun centro de interpretación, exposición e venda micolóxica no que se prestarán novos servicios micoturísticos e didáctico-formativos sobre a micoloxía aplicada, a producción das novas especies de cultivo, sobre a aplicación terapéutica ou cosmética dos fundos e onde se potenciarán as vendas da empresa valorizando a producción autóctona do territorio. Ademais o proxecto plantexa un roteiro micolóxico polas instalacións e áreas productivas da empresa que complementen ó centro e ás actividades propostas.

 

Publicado en Leader 2007-2013