Profesionalización e desenvolvemento da viticultura na IXP Ribeiras do Morrazo

O grupo de desenvolvemento rural de Pontevedra O Morrazo está promovendo o programa formativo "Profesionalización e desenvolvemento da viticultura na IXP Ribeiras do Morrazo", no marco do proceso de dinamización da IXP Ribeiras do Morrazo, que se sustenta nunha metodoloxía de formación-acción. O programa formativo, de carácter práctico, pretende impulsar a participación activa e o dinamismo dos axentes implicados no desenvolvemento e articulación da citada IXP.

Para isto, preséntase unha proposta de traballo que conxuga accións formativas diversas: cursos de formación, obradoiros formativos e visitas no territorio.

Os principais obxectivos que persegue esta proposta son:

  1. Reforzar o empoderamento do sector de viticultores e adegueiros da zona comprendida na IXP Ribeiras do Morrazo, fortalecendo o desenvolvemento desta figura de protección da calidade.     

  2. Impulsar a xeración de iniciativas de emprendemento e emprego ligadas ao mundo da viña e do viño na zona xeográfica.

  3. Capacitar a diferentes axentes vinculados á produción, transformación e comercialización, en diferentes técnicas orientadas á mellora da calidades dos viños nesta zona.

  4. Reforzar e cohesionar ao sector da viticultura, botando man de accións formativas innovadoras que fomenten o coñecemento práctico e da realidade social da súa contorna.

      Programa formativo

A.    A planificación estratéxica para a consolidación da IXP Ribeiras do Morrazo

DATA

HORA

ACTIVIDADE

LUGAR

14/07/17

16:00

Curso de formación CA1. Situación actual e contextualización do mundo do viño.

Casa da Cultura de RiomaiorVilaboa

15/07/17

10:00

Curso de formación CA2. Situación actual e contextualización do mundo do viño.

Pazo da CulturaPontevedra

DATA

HORA

ACTIVIDADE

LUGAR

21/07/17

16:00

Obradoiro de formación OA1: Dinámicas para o traballo en rede. Diagnose da realidade social da viticultura na IXP Ribeiras do Morrazo.

Casa da Cultura de RiomaiorVilaboa

28/07/17

16:00

Obradoiro de formación OA2: Dinámicas para o traballo en rede. Retos e prioridades da viticultura na IXP Ribeiras do Morrazo.

29/07/17

10:00

Obradoiro de formación OA3: Definimos a folla de ruta.

B.     A dimensión social e organizativa da IXP Ribeiras do Morrazo

DATA

HORA

ACTIVIDADE

LUGAR

08/09/17

17:00

Curso de formación CB1. Marco de aplicación da IXP Ribeiras do Morrazo

Pazo da Cultura de Pontevedra

15/09/17

17:00

Curso de formación CB2. Aplicación práctica dun modelo de IXP.

22/09/17

17:00

Curso de formación CB3. Dinámicas asociativas para o desenvolvemento rural

DATA

HORA

ACTIVIDADE

LUGAR

06/10/17

17:00

Obradoiro de formación OB1. Definimos as nosas prioridades como grupo

Pazo da Cultura de Pontevedra

29/09/17

17:00

Obradoiro de formación OB2. Aprendemos doutras experiencias.

 C. Capacitación e profesionalización no ámbito da viticultura.

DATA

HORA

ACTIVIDADE

LUGAR

04/08/17

10:00

Curso de formación CC1. Coñecemento de castes e variedades autóctonas.

Biblioteca Municipal de Beluso Bueu

11/08/17

10:00

Curso de formación CC2. Fertilización e manexo do solo

01/09/17

10:00

Curso de formación CC3. Poda e sistemas de formación

Salón de Plenos Concello de Cangas

02/09/17

10:00

Curso de formación CC4. Defensa vexetal, control de doenzas e pragas.