O grupo de desenvolvemento rural de Pontevedra O Morrazo está promovendo o programa formativo "Profesionalización e desenvolvemento da viticultura na IXP Ribeiras do Morrazo", no marco do proceso de dinamización da IXP Ribeiras do Morrazo, que se sustenta nunha metodoloxía de formación-acción. O programa formativo, de carácter práctico, pretende impulsar a participación activa e o dinamismo dos axentes implicados no desenvolvemento e articulación da citada IXP.
Para isto, preséntase unha proposta de traballo que conxuga accións formativas diversas: cursos de formación, obradoiros formativos e visitas no territorio.
Os principais obxectivos que persegue esta proposta son:
-
Reforzar o empoderamento do sector de viticultores e adegueiros da zona comprendida na IXP Ribeiras do Morrazo, fortalecendo o desenvolvemento desta figura de protección da calidade.
-
Impulsar a xeración de iniciativas de emprendemento e emprego ligadas ao mundo da viña e do viño na zona xeográfica.
-
Capacitar a diferentes axentes vinculados á produción, transformación e comercialización, en diferentes técnicas orientadas á mellora da calidades dos viños nesta zona.
-
Reforzar e cohesionar ao sector da viticultura, botando man de accións formativas innovadoras que fomenten o coñecemento práctico e da realidade social da súa contorna.
Programa formativo
A. A planificación estratéxica para a consolidación da IXP Ribeiras do Morrazo
DATA |
HORA |
ACTIVIDADE |
LUGAR |
14/07/17 |
16:00 |
Curso de formación CA1. Situación actual e contextualización do mundo do viño. |
Casa da Cultura de RiomaiorVilaboa |
15/07/17 |
10:00 |
Curso de formación CA2. Situación actual e contextualización do mundo do viño. |
Pazo da CulturaPontevedra |
DATA |
HORA |
ACTIVIDADE |
LUGAR |
21/07/17 |
16:00 |
Obradoiro de formación OA1: Dinámicas para o traballo en rede. Diagnose da realidade social da viticultura na IXP Ribeiras do Morrazo. |
Casa da Cultura de RiomaiorVilaboa |
28/07/17 |
16:00 |
Obradoiro de formación OA2: Dinámicas para o traballo en rede. Retos e prioridades da viticultura na IXP Ribeiras do Morrazo. |
|
29/07/17 |
10:00 |
Obradoiro de formación OA3: Definimos a folla de ruta. |
B. A dimensión social e organizativa da IXP Ribeiras do Morrazo
DATA |
HORA |
ACTIVIDADE |
LUGAR |
08/09/17 |
17:00 |
Curso de formación CB1. Marco de aplicación da IXP Ribeiras do Morrazo |
Pazo da Cultura de Pontevedra |
15/09/17 |
17:00 |
Curso de formación CB2. Aplicación práctica dun modelo de IXP. |
|
22/09/17 |
17:00 |
Curso de formación CB3. Dinámicas asociativas para o desenvolvemento rural |
DATA |
HORA |
ACTIVIDADE |
LUGAR |
06/10/17 |
17:00 |
Obradoiro de formación OB1. Definimos as nosas prioridades como grupo |
Pazo da Cultura de Pontevedra |
29/09/17 |
17:00 |
Obradoiro de formación OB2. Aprendemos doutras experiencias. |
C. Capacitación e profesionalización no ámbito da viticultura.
DATA |
HORA |
ACTIVIDADE |
LUGAR |
04/08/17 |
10:00 |
Curso de formación CC1. Coñecemento de castes e variedades autóctonas. |
Biblioteca Municipal de Beluso Bueu |
11/08/17 |
10:00 |
Curso de formación CC2. Fertilización e manexo do solo |
|
01/09/17 |
10:00 |
Curso de formación CC3. Poda e sistemas de formación |
Salón de Plenos Concello de Cangas |
02/09/17 |
10:00 |
Curso de formación CC4. Defensa vexetal, control de doenzas e pragas. |
|