Visita de estudo no curso "Xestión sustentable do monte e producións alternativas"

Os participantes no curso "Xestión sustentable do monte e producións alternativas", comprendido dentro do programa formativo "Xestión Agroforestal Sustentable (2020)", tiveron ocasión de realizar unha visita á Comunidade de Montes de Meira, en Moaña, onde puideron coñecer a actividade que iniciaron os comuneiros no 2016 cun rabaño de caprino coa idea de controlar o matogueira e os incendios. Ademais, tamén puideron ver de primeira man os traballos da comunidade con outros produtos coma o mel ou os cogomelos, labores que complementan a plantación e xestión da masa forestal.

Agradecer aos membros da Comunidade de Montes a atención e colaboración dispensada no transcurso desta xornada.

Ningún evento vindeiro!