As resolucións para os proxectos da convocatoria 2020/21 do GDR Pontevedra Morrazo, de axudas europeas Leader 2014-2020, supoñen un investimento total de 426.196,54 euros e unha axuda pública de 184.725,22 euros.
O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo ven de aprobar os proxectos da convocatoria 2020/21 da medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020. De entre as solicitudes presentadas ata 31 de xaneiro de 2020, aprobáronse 11 proxectos que se subvencionarán na anualidade 2020/21 (submedida 19.2), ordenados en función da puntuación acadada do baremo e ata o límite máximo do crédito dispoñible para cada tipoloxía.
O investimento total comprometido nos diferentes proxectos subvencionados ascende a 426.196,54 euros, e contribuirán a creación e consolidación de 12,23 empregos (UTAS) dos cales 4,25 empregos serán de nova creación. A proposta de axuda pública total concedida foi de 184.725,22 euros.