Nova edición do programa formativo Xestión Agroforestal Sustentable

Dende o luns 1 de abril estarán abertas as listas para inscribirse nos cursos do programa formativo “XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE (2019)” que celebrará o GDR Pontevedra Morrazo os meses de maio e xuño.

O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo, no marco da medida Leader 2014-2020, deseñou o programa formativo “XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE (2019)” de 54 horas lectivas baixo a metodoloxía de formación-acción, que ten unha dobre finalidade:

  • Mellorar as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal para potencialo como alternativa emerxente de emprego e/ou emprendemento.
  • Reforzar e incrementar a profesionalización e capacitación da poboación activa nos ámbitos referidos, contribuíndo a mellorar as prácticas de traballo e impulsar os aproveitamentos.

A proposta de contidos didácticos para cada unhas das accións formativas a desenvolver durante os meses de maio e xuño son:

  1. Horticultura ecolóxica (17 h)
  2. Sistemas gandeiros ecolóxicos (14 h)
  3. Xestión sustentable do monte e producións alternativas (17 h)
  4. Sector ecolóxico - Comercialización (6 h)

 

Os cursos contemplados no plan formativo son totalmente gratuítos para os seus participantes. O criterio de admisión establecerase por orde de inscrición, ata cubrir o número de prazas existentes.

Os cursos, que inclúen visitas temáticas de traballo, serán impartidos e dirixidos por persoal técnico, con coñecemento específico da materia e experiencia en labores formativas e de traballo en grupo.

 

Inscrición gratuíta no telefono de contacto  986 108 144 ou a través do  correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.