O obxectivo da campaña é dar a coñecer a IXP Ribeiras do Morrazo a sociedade/mercado, darlle visibilidade, identidade, e dicir pretende o RECOÑECEMENTO SOCIAL desta marca de garantía cunha dobre finalidade:
- DINAMIZAR A VITICULTURA E OS VITICULTORES DO TERRITORIO
- POSICIONAR OS VIÑOS DA IXP CARA AO MERCADO
A MENSAXE
EN RELACIÓN AO OBXECTIVO DE DINAMIZACIÓN,
- A campaña pretende poñer en valor o traballo dos viticultores
- Comunicar que existe, unha viticultura, marítima, inxerida no atlántico, OCEÁNICA, de gran potencial
- Que hai unha oportunidade para novas iniciativas vitivinícolas de calidade, para o enoturismo etc.
- Que hai novas oportunidades de emprendemento e emprego no rural, e dicir, que HAI FUTURO.
EN RELACIÓN AO OBXECTIVO DE POSICIONAMENTO,
A campaña vai a incidir nos VIÑOS XENÉRICOS DA IXP, NA SÚA IDENTIDADE E AUTENTICIDADE, NO SEU CARÁCTER OCEÁNICO... pero tamén vai incidir NOUTROS ELEMENTOS OU ATRIBUTOS INTANXIBLES, na súa historia etc., porque detrás do recoñecemento da IXP hai tamén unha historia dun David que naceu
á sombra dun Goliat, a historia dun territorio vivo de gran potencial que se resiste ao abandono dos viñedos
EN DEFINITIVA a campaña pretende que cando unha persoa tome un Ribeiras do Morrazo, saiba que ademais de beber un VIÑO SAUDABLE, FRESCO, OCEÁNICO... DE CALIDADE, esta contribuíndo a frear o abandono de viñedos, a fixar poboación, a preservar a paisaxe, a apoiar a economía local... en definitiva, contribuíndo ao DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE DO TERRITORIO.
MEDIOS
A campaña articulase en torno ás redes sociais, FACEBOOK, INSTAGRAM E YOUTUBE
Na redes esta previsto realizar un concurso de vídeo e fotografía co lema QUE HAI NESTA BOTELLA? para buscar a complicidade e apoio dos públicos aos que nos diriximos.
Contempla a creación e edición de material multimedia (Reportaxe fotográfica, Clips de vídeo, Desenvolvemento dun Storytelling, Grafismo común) que alimente as redes sociais e paxina web así como cartelería e folletos
DIFUSIÓN E PUBLICIDADE
A campaña vaise difundir e publicitar a través das propias redes sociais medios de comunicación on line e off line, prensa especializada e TVG.
#ixpribeirasdomorrazo #viñosoceanicos #quehainestabotella? #haifuturo #gdrpontevedramorrazo
MÁIS INFORMACIÓN
https://www.youtube.com/watch?v=vUZRz4ItF9Y
https://www.facebook.com/961447397374110/videos/863745200679739/