Parque etnoarqueolóxico das cabanas prehistóricas do Outeiro das Mouras en Salcedo

  • Promotor: Comunidade de Montes en Man Común de Salcedo
  • Localización: Outeiro das Mouras, San Martiño de Salcedo - Pontevedra
  • Orzamento: 39.744,65 €
  • Axuda Aprobada: 26.072,49 €

Proxecto de carácter non produtivo promovido pola CMVMC de Salcedo en Pontevedra coa finalidade de crear un parque etnoarqueolóxico ó aire libre en Salcedo que permita a recuperación dun espazo natural e a posta en valor dos restos de arte rupestre prehistóricos achados na contorna do Outeiro das Mouras, etc. como elemento dinamizador turístico e cultural da zona.

O conxunto construído contempla a reprodución dun asentamento neolítico/calcolítico de 3.146,45m2 delimitado por unha empalizada de madeira, que contará con varias réplicas de edificacións históricas e estruturas de almacenamento e cerdados para os animais (1 cabana comunal, 3 cabanas, 2 canastros, espazo comunal do lume, currais, foxos de almacenaxe e estanque); que servirán de espazos multifuncionais adicados á arqueoloxía experimental con actividades didácticas sobre a prehistoria, a antropoloxía e a educación medioambiental.

 

Eventos -Calendario

Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
No hay próximos eventos!