Instalación fotovoltaica de autoconsumo para viveiro en Pontevedra

  • Promotor: Viveros La Gardenia, S.L.
  • Localización: Barragáns, Campañó - Pontevedra
  • Orzamento: 38.080,00 €
  • Axuda Aprobada: 10.662,40 €

Proxecto dunha empresa comercializadora ó por maior de flores e plantas ubicada en Campañó, que mellorará a súa produtividade reducindo os custos variables relativos ó consumo en enerxía eléctrica mediante unha instalación fotovoltaica de autoconsumo que lle permitirá acadar un aforro enerxético estimado do 54.05%

A central fotovoltaica habilitarase nas cubertas do inmoble ocupando unha superficie de 332 m2, e estará dotada de 85 módulos fotovoltaicos de 320Wp por unidade, que proporcionarán unha potencia nominal ó parque de 27.2kW. E segundo os datos reflectidos no proxecto técnico, a enerxía estimada que xerará a nova instalación solar fotovoltaica será aproximadamente de 37.011 kWh anuais (equivalencia en CO2 de 0.34 tCO2/MWh final e en petróleo de 0.086 tep/MWh final); contribuíndo á produción enerxética limpa, ó uso de fontes renovables e ó desenvolvemento medioambiental sostible.

Eventos -Calendario

Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
No hay próximos eventos!