Ampliación de obradoiro de pastelería artesán

  • Promotor: João Rocha
  • Localización: Rebordelo – Cerdedo - Cotobade
  • Orzamento: 22.953,93 €
  • Axuda Aprobada: 9.739,35 €

Proxecto de ampliación dun obradoiro artesanal de pastelería ubicado na parroquia de Rebordelo no Concello de Cerdedo-Cotobade para aumentar a súa capacidade e produtividade, permitindo a elaboración de produtos con características específicas como os pans especiais (espelta, chía, cenoria, cabaza, etc), os bolos integrais e produtos para diabéticos.

A empresa amplía as súas instalacións e equipamento cun novo espazo para a preparación e conservación dos seus produtos. O obradoiro manterá na pranta baixa do inmoble os procesos de amasado e forneado; e adecuará a pranta alta (42.05 m2 útiles) para albergar os procesos de división e boleado, formado, fermentación e repouso do produto, ademais de dispoñer dunha mesa de traballo, unha laminadora de mesa, a maquinaria para conservar os produtos elaborados (conxelador e ultraconxelador) e un lavabo.

Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30