O GDR Pontevedra Morrazo organiza en Bueu unha xornada sobre “sistemas alternativos de cultivo na viticultura” na que se abordará a problemática do cultivo sustentable da viña, e como mellorar a saúde dos solos, para lograr mellores rendementos vitícolas, tanto en cantidade como en calidade. O evento terá lugar o día 1 de setembro ás 18:30h, no Centro Social do Mar en Bueu.
A xornada, que se enmarca dentro do proceso de dinamización que o GDR Pontevedra-Morrazo está a realizar na IXP Ribeiras do Morrazo, pretende contribuír a desenvolver as potencialidades da viticultura no territorio da IXP, e de xeito especial no Concello de Bueu, procurando a formación en aspectos de índole técnica e experimental que melloren os coñecementos e capacitación profesional do sector e de pequenos produtores, e a promoción de sistemas produtivos máis respectuosos co medio ambiente.
O acto arrancará cunha conferencia a cargo de José Manuel García Queijeiro, biólogo, experto en viticultura, profesor e investigador do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencia do solo da Universidade de Vigo, cunha longa traxectoria no estudo e manexo dos solos dos viñedos galegos. Seguirá unha mesa redonda con produtores, moderada por Carme Freire Cruces, labrega, formadora e recoñecida divulgadora, na que participarán representantes de tres adegas para dar a coñecer a súas experiencias na procura dun cultivo máis respectuoso co medio ambiente: Antonio Méndez Rodríguez, de Señorío de Rubiós (D.O. Rías Baixas); Antonio Alfonso Volvoreta, de Finca Volvoreta (Premio Nacional de Biodiversidade) e Manuel Primitivo Lareu López de Adegas e Viñedos Lareu (D.O. Ribeira Sacra). A sesión rematará cun debate aberto a tódolos asistentes.
Esta iniciativa xa está dispoñible na páxina web de Xuventude, e terá como principal ferramenta un mapa de recursos que recompilará os programas postos en marcha polos distintos departamentos do Goberno galego para a mocidade en ámbitos como a educación, o emprego, a igualdade, a mobilidade, a vivenda ou o lecer. Ademais, esta oficina conta tamén cunha canle electrónica de asesoramento individualizado para todos os mozos e mozas de Galicia.
O GDR Pontevedra Morrazo culmina a primeira fase dos traballos preparatorios para converterse en entidade colaboradora da Xunta de Galicia na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, coa solicitude formalizada este luns 01 de agosto de 2022.
Os traballos preparatorios comezaron o pasado 2 de xuño, data na que se publicaron as bases reguladoras. Entre outros asuntos, aprobáronse en Asemblea xeral a modificación dos estatutos necesaria para cumprir as condicións de admisibilidade do novo período, e púxose en marcha a campaña #somos GDR para animar ás asociacións e entidades do territorio a participar e formar parte do GDR, promovendo a participación das mulleres nos órganos de goberno e a participación activa dos socios para o deseño da estratexia do territorio do novo período 2023_27
Ademais, houbo que elaborar unha exhaustiva documentación:
Sobre a propia entidade e asociados, indicando as propostas para garantir a participación activa dos socios, e para a promoción da participación das mulleres nos órganos de goberno e nas tomas de decisións.
Sobre a delimitación do territorio de actuación do GDR Pontevedra Morrazo caracterizando e identificando os factores xeográficos, económicos, sociais e culturais que contribúen á cohesión funcional do mesmo.
Unha memoria explicativa coa proposta do proceso participativo que se levaría a cabo, en caso de ser seleccionada, para as actuacións preparatorias da estratexia de desenvolvemento local.
E outra memoria explicativa na que se indicaba como se afrontarán, no caso de ser seleccionado o GDR, as actuacións preparatorias para elaboración dos contidos da estratexia 2023_27. O documento inclúe as propostas metodolóxicas para o análise e diagnóstico do contexto territorial e socioeconómico, da actuación retrospectiva das EDLP no territorio, de análise do novo marco normativo e institucional e o seu impacto previsible na futura estratexia, da análise do uso e ocupación do territorio rural no ámbito xeográfico do GDR, da coordinación coas estratexias doutros GDR de Galicia, das propostas para identificar e promover proxectos piloto así como a metodoloxía para definir os obxectivos, plan de acción, formación , animación e cooperación etc.)
Máis información
Web, facebook, instagram
695333087
#somosGDR é unha campaña que busca a participación activa das entidades e asociacións do territorio no Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo.
As asociacións de mulleres, mozos, entidades de acción social, relacionadas coa protección e/ou mellora do ambiente, sector agrario, cultural, asociacións de empresarios e profesionais, etc. do territorio podedes formar parte do GDR.
Por que asociarse ao GDR?
ASÓCIATE E PARTICIPA NO DESENVOLVEMENTO DO TEU TERRITORIO!
SOMOS COMPROMISO, SOMOS RURAL, #SOMOSGDR
Como Participar?
Para adquirir a condición de asociado haberá que presentar unha solicitude de ingreso, xunto coa seguinte documentación:
Cando un candidato a ser asociado non teña o seu domicilio social no ámbito de actuación desta asociación deberá acreditar que desenvolve unha actividade relevante en dito ámbito territorial
Durante todo o día tiveron lugar, na contorna da Capela da Esperela (Paderne), as cuartas Xornadas de divulgación e Túnel do viño das Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) de Galicia, coa IXP Terra de Betanzos como anfitrioa. Institucións, e expertos coincidiron na importancia do valor diferencial e identitario dos viños con indicación xeográfica. Profesionais da hostalería e público xeral puideron comprobar a calidade diferencial destes viños nas catas comentadas que se celebraron pola tarde.
José González Vázquez, Conselleiro de Medio Rural, José Ramón Rioboo Castro, alcalde de Culleredo e Delegado de Transición Ecolóxica, Emprego e Territorio Sostible da Deputación da Coruña, César Longo Queijo, Alcalde de Paderne e Xosé Antonio Santiso Miramontes, Alcalde de Abegondo e Presidente GDR As Mariñas Betanzos presidiron a mesa insitucional dende a que se deu lectura a un manifesto de apoio ás IXP, importante ferramenta para o desenvolvemento rural. Todos coincidiron na importancia dos produtos que aportan calidade diferencial, como son os viños con indicación xeográfica protexida, no desenvolvemento do medio rural en afrontar retos como o da posta en valor do territorio e evitar o abandono de terras. Tamén en recoñecer o labor dos viticultores e adegueiros que traballan con paixón na elaboración destes viños.
As estratexias de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas, as características do branco lexítimo (variedade por excelencia da IXP Terra de Betanzos), o papel das Oficinas Agrarias Comarcais no desenvolvemento das IXP de Viños ou a promoción de produtos agroalimentarios dende a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo foron os temas que se abordaron nos faladoiros, tras os que se mantivo un debate co público asistente.
Pola tarde, no Túnel do viño, persoas do sector da hostalaría como público xeral puideron coñecer e probar viños das catro Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia, a través de catas comentadas polo sumiller Martiño Santos Canosa, que puxo o foco nas potencialidades dos viños das IXP como complemento dunha oferta gastronómica actual, así como a singularidade das diferentes marcas que se comercializan baixo cada unha das Indicacións, que nos permiten coñecer novas variedades de uvas.
As estratexias de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas, as características do branco lexítimo (variedade por excelencia da IXP Terra de Betanzos), o papel das Oficinas Agrarias Comarcais no desenvolvemento das IXP de Viños ou a promoción de produtos agroalimentarios dende a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo serán algúns dos temas que se abordarán nos faladoiros que se van celebrar no entorno da Capela da Esperela (Paderne) o vindeiro martes 12 de xullo.
Ese mesmo día celebrarase un acto institucional de apoio no que participarán representantes de concellos do ámbito de Betanzos e da administración pública galega.
Pola tarde e no mesmo lugar terá lugar o túnel do viño, no que profesionais da hostalaría e público xeral poderán coñecer os viños desta Indicación Xeográfica Protexida así como das outras tres que existen en Galicia a través de catas comentadas.
A asistencia aos eventos é gratuíta con prazas limitadas. Por iso é necesario inscribirse a través da web viños.ixp.gal
O vindeiro xoves, 7 de xullo, celebraremos unha xornada técnica de divulgación sobre o novo decreto de artesanía alimentaria impartida e financiada por Agacal, co fin de animar aos operadores deste ámbito a inscribirse baixo esta marca de calidade diferenciada.
Así, a formación levarase a cabo na sede do GDR Pontevedra Morrazo en horario de mañá (10,00 a 13,00 horas). Ao longo da xornada abordaranse os obxectivos deste selo e as condicións xerais para a produción de alimentos artesáns, ademais da normativa reguladora correspondente, o control e certificación da actividade artesá e a flexibilización das normas de hixiene. Tamén se tratará o propio proceso de inscrición ao selo e o inicio da actividade artesanal.
Ademais, tamén haberá un apartado sobre prácticas innovadoras, así como exemplos de normas técnicas. Descargar Programa.
Compre sinalar que o pasado 4 de marzo foron publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) as primeiras 14 normas técnicas que veñen desenvolver o decreto que regula a artesanía alimentaria na nosa comunidade, así como os distintivos que identificarán os produtos artesáns, os produtos artesáns da casa e os produtos artesáns de montaña.
En cada unha destas normas fíxanse, entre outras cuestións, as materias primas autorizadas, os procesos de elaboración permitidos e prohibidos, e o límite máximo de produción artesanal. Tamén se indica como debe ser a presentación e envasado, as especificacións para os produtos artesáns caseiros e os controis de calidade e a sistemática da rastrexabilidade necesaria para proporcionar aos consumidores todas as garantías.
Os interesados en asistir a esta xornada divulgativa poderán cumprimentar a solicitude de inscrición na seguinte ligazón, https://forms.gle/UdtiKhYhHtT9Xa6D9. Se precisan máis información, poderán chamar ao número 627 570 950 ou escribir ao enderezo de Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..
A Xunta Directiva e Asemblea do GDR celebrada onte no Pazo da Cultura de Pontevedra acordaron, entre outros asuntos, a presentación da candidatura do GDR Pontevedra Morrazo como entidade colaboradora da Xunta de Galicia para a xestión da medida LEADER de Galicia 2023_27.
Os traballos preparatorios iniciáronse o pasado 2 de xuño, data na que se publicaron as bases reguladoras para a selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, para a concesión de axudas orientadas á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo para o período de programación 2023-2027, cofinanciadas polo fondo Feader, e para a aprobación de estratexias de desenvolvemento local, así como a correspondente convocatoria, para as anualidades 2022 e 2023.
Na Asemblea xeral aprobouse a modificación dos estatutos necesaria para cumprir as condicións de admisibilidade do novo período, destacando a importancia da participación activa dos socios e outras entidades do territorio nas actuacións preparatorias.
Ademais deuse conta da campaña de “portas abertas” que o GDR está a desenvolver para darse a coñecer e promover a participación das diferentes asociacións de mulleres, mozos, entidades de acción social, relacionadas coa protección e/ou mellora do ambiente, sector agrario, cultural, asociacións de empresarios e profesionais, etc. do territorio.
Tamén se destacou na reunión, a importancia da participación pública dentro do proceso participativo para elaborar a nova estratexia do territorio, xa que para optar a converterse en entidade colaboradora da medida LEADER de Galicia para o período 2023_2027, o GDR deberá desenvolver entre outras as seguinte actuacións:
Onte celebramos en Cenlle (Ourense) o 30 aniversario da medida Leader en Galicia.
Dende a súa posta en marcha na Unión Europea no ano 1991, baixo esta metodoloxía promovéronse no rural galego a través dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de Galicia, máis de 7.300 proxectos que mobilizaron máis de 930 millóns de euros, creando máis de 5.000 novos empregos e consolidando cerca de 6.000.
O LEADER, polo tanto, foise consolidando como unha ferramenta eficaz, que cos seus erros e acertos, conseguiu superar con éxito os obxectivos, expectativas e previsións iniciais.
O centro de día da parroquia de Sobral, concello de Soutomaior, que contou cunha axuda do programa Leader de máis de 134.000 euros, recibiu onte a visita da Directora Xeral de AGADER, Inés Santé, do presidente do GDR Pontevedra Morrazo, Miguel A. Fernández Lores, do alcalde de Soutomaior, do Subdirector de AGADER e do director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón . Alí, Inés Santé destacou que a achega xestionada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, previa selección do GDR Pontevedra-Morrazo, supuxo cubrir o 45% do investimento destas instalacións para 48 prazas, cunha superficie útil construída de máis de 230 m², emprazadas na parroquia de Sobral, en Soutomaior, co obxecto de atender persoas maiores con necesidade de coidados.
En concreto, proporciónaselles aos usuarios os servizos básicos de atencións na vida diaria, sociais, sanitarios e de apoio encamiñados a facilitar a súa autonomía, aseo e hixiene persoal, así como acompañamento médico ou hospitalario. Tamén servizos de terapia fisioterapéutica, transporte, comedor, perruquería, logopedia ou actividades complementarias como obradoiros con música, animais etc.
O presidente do GDR, Miguel A. Fernández Lores, salientou a importancia que teñen estes investimentos para o rural, no que por exemplo o GDR Pontevedra Morrazo, ten aprobado, nos dous últimos períodos LEADER, axudas para financiar 6 Centros de Día dos concellos de Cangas, Moaña, Poio e Soutomaior, cun investimento total de máis dun millón de euros e unha axuda de fondos públicos de máis de 500.000 euros.
A nova convocatoria
O presidente do GDR puxo tamén en valor o papel dos GDR como axentes dinamizadores do rural e salientou a necesidade de dotar de máis fondos o novo período de axudas LEADER 2023_27 para que as actuacións dos GDR teñan o impacto necesario para contribuír á fixación de poboación no rural á diversificación da economía etc.
A directora xeral, pola súa banda, anunciou que a Xunta investirá 840.000€ para axudar aos grupos de desenvolvemento rural a deseñar novas estratexias participativas de dinamización no marco do programa LEADER.
A orde de axudas, está orientada á selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras na medida LEADER de Galicia para o período 2023-2027, á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo para dito período de programación.
O sábado 28 de maio tivo lugar, no Pazo de Goiáns (Boiro), o terceiro Túnel do viño das Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) de Galicia, na que foi protagonista a IXP Barbanza-Iria. Institucións, adegueiros, profesionais da hostalería e público xeral brindaron polos viños das IXP de Galicia, viños de calidade e comprometidos coa preservación do patrimonio cultural e vitivinícola.
O túnel inaugurouse coa lectura dunha declaración institucional a través da que se busca o compromiso das entidades locais cos viños das Indicacións Xeográficas Protexidas para a promoción dos seus viños, o fomento do seu consumo e o reforzo do sector vitícola no territorio. Esta declaración contou co apoio dos Concellos de Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Dodro, Valga, Pontecesures, Catoira, Portas, Ribadumia, Ribeira e outros concellos que forman parte da IXP Barbanza-Iria e comarcas limítrofes, así como adegueiros de toda Galicia, o presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, a presidenta da asociación Ambar, e representantes dos Grupos de Desenvolvemento Rural Deloa e Salnés-Ulla-Umia, así como dos outros GDR que participan no proxecto.
Pola tarde, no Túnel do viño, case un cento de persoas tanto do sector da hostalaría como público xeral puideron coñecer e probar viños das catro Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia, a través de catas comentadas polo sumiller Martiño Santos Canosa, que puxo o foco nas potencialidades dos viños das IXP para como complemento dunha oferta gastronómica actual, así como a singularidade das diferentes marcas que se comercializan baixo cada unha das Indicacións, que nos permiten coñecer novas variedades de uvas.
Durante a semana, celebráronse tamén dúas xornadas divulgativas en Valga e Rianxo nas que o asociacionismo no sector vitivinícola e a recuperación de terras para o seu cultivo foron os temas centrais. Na xornada do martes, José María Bello Maneiro, alcalde de Valga, deu a benvida aos participantes e referiuse á tradición vinícola de Valga, que ten como principal expoñente á caña do país, e anunciou que o Concello está a promover xunto a Consellería do Medio Rural a creación dunha zona de plantación de viñedos no municipio. Juan Manuel Vidal Seage, alcalde de Pontecesures e presidente do GDR Salnés-Ulla-Umia, sinalou a necesidade de establecer unha simbiose entre adegas e insitucións. Pola súa banda, José Luis Cabarcos, Director da AGACAL, despois de presentar as potencialidades de futura lei da cadea alimentaria puxo o foco na importancia do futuro das IXP de viño dentro da proxección de produtos de calidade e variedades autóctonas a nivel nacional e internacional.
Na segunda das xornadas, Inés Santé Riveira, Directora Xeral de Desenvolvemento Rural, destacou as posibilidades que ofrece a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia para impulsar a produción das catro indicacións xeográficas protexidas do viño galegas, e respondeu as cuestións que lle plantexaron os adegueiros presentes. O Alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, puxo o foco no apoio da súa corporación a proxectos que impliquen a posta en valor do territorio.
O asociacionismo no sector vitivinícola e a recuperación de terras para o seu cultivo serán os temas centrais das xornadas divulgativas que se celebrarán en Valga e Rianxo os días 24 e 25 de maio. O sábado 28 terá lugar no Pazo de Goiáns (Boiro), o Túnel do viño, no que profesionais da hostalaría e público xeral poderán coñecer os viños desta IXP e das outras tres que existen en Galicia. Ese mesmo día, celebrarase un acto institucional de apoio no que participarán representantes de concellos e da administración pública.
Descargar Programa Valga, Rianxo e Túnel do viño en Boiro
A asistencia aos eventos é gratuíta e as prazas son limitadas. Por iso é necesario inscribirse a través da web viños.ixp.gal.
Dentro do proxecto de cooperación Viños das IXP de Galicia, que percorre todo o territorio galego, celebraranse durante unha semana unha serie de eventos destinados a coñecer e impulsar os viños que se elaboran baixo as catro Indicacións Xeográficas Protexidas que existen en Galicia. Os viños das IXP son viños de calidade, auténticos e diversos, que maneteñen valores artesanais con arraigamento histórico e empregan materias primas naturais coidadas por produtores locais. De aí o lema da campaña que acompaña o proxecto: «Viños que falan de nós».
As xornadas divulgativas estarán centradas no asociacionismo do sector e na recuperación de terras para o cultivo, polo que as protagonistas serán as quince adegas que colaboran no proxecto. Participarán tamén a Directora Xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé Riveira, o Director Xeral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luís Cabarcos, alcaldes, representantes da administración pública e dos Grupos de Desenvolvemento Rural Deloa e Salnés-Ulla-Umia, así como do resto de GDRs que cooperan no proxecto.
No túnel do viño poderanse probar viños das catro IXP de viño de Galicia en catas comentadas que se celebrarán ao longo do día, poñendo o foco nos da IXP Terra de Barbanza-Iria.
Martes 24 de maio
Valga (Centro de Interpretación da Caña do País)
18:30
Benvida institucional
José María Bello Maneiro (Alcalde de Valga)
Juan Manuel Vidal Seage (Alcalde de Pontecesures. Presidente do GDR Salnés-Ulla-Umia)
José Luis Cabarcos Corral (Director Xeral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.Consellería do Medio Rural)
18:45
Novo marco normativo da calidade alimentaria en Galicia
José Luis Cabarcos Corral
19:10
Implicacións da Lei da cadea alimentaria para as adegas das IXP de Viños de Galicia
Xosé Manuel Fernández Castro (Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería do Medio Rural
19:35
Conclusións do Taller sobre asociacionismo das IXP e implicacións normativas
20:15
Degustación de viño da zona
Adega Torres Augusti
Mércores 25 de maio
Rianxo (Auditorio Municipal)
17:30
Benvida institucional
Adolfo Muíños Sánchez (Alcalde de Rianxo. Secretario do GDR Deloa)
Inés Santé Riveira (Directora Xeral de Desenvolvemento Rural. Consellería do Medio Rural)
Francisca Gago Guillán (Xerencia do GDR Deloa)
17:45
A lei de recuperación de terra agraria de Galicia
Inés Santé Riveira
18:15
Faladoiro: Como empregar a normativa para o desenvolvemento vitícola na IXP. Aproveitamento de terras para a viticultura na IXP Barbanza-Iria
Inés Santé Riveira
Adolfo Muíños Sánchez
Adegueiros da IXP
19:45
Degustación de viño da zona:
Cazapitas, Adega Entre os Ríos e Bodegas Antonio Saborido
Sábado 28 de maio
Boiro (Pazo de Goiáns)
12:00
Visita ao Pazo de Goiáns e á mostra dos viños das IXP
12:30
Acto institucional de apoio e promoción dos viños da IXP Terra de Barbanza e Iria
17:00
Catas de viño comentadas para profesionais (canle HORECA)
18:30
Catas de viño comentadas abertas ao público
6 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) e 15 Adegas das 4 Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) de viños de Galicia xuntan os seus esforzos nun proxecto de cooperación para dinamizar o sector vitivinícola e contribuír a súa consolidación e crecemento futuro.
Os obxectivos do proxecto son dinamizar os operadores e establecer canles de colaboración entre as catro IXP vitícolas de Galicia, impulsando o sector vitivinícola en cada un dos territorios; contribuír a consolidar e/ ou aumentar o número de marcas comerciais; mellorar as canles de divulgación, promoción e comercialización dos viños así como a formación en proxección e comercialización dos elaboradores, favorecendo un maior coñecemento das IXP e unha mellor percepción social das propias comarcas amparadas. Tamén se busca favorecer o posicionamento como destino enoturístico das comarcas que forma cada IXP.
O proxecto está co-financiado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural a través da submedida LEADER 19.3 Cooperación, do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020.
Este novo centro de AFAMO situado na parroquia de Tirán, dispón de 26 prazas, e esta orientado ás persoas maiores de 65 anos, cun deterioro cognitivo moi leve ou sen unha demencia diagnosticada, da comarca do Morrazo.
Ao acto de inauguración asistiron entre outros o Subdirector da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Moisés Blanco Paradelo, o presidente do GDR Pontevedra Morrazo e alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores, a Alcaldesa de Moaña Leticia Santos Paz, a deputada provincial de cohesión social Olga M. García Ballesteros e a presidenta de AFAMO Josefa Cancelas Pérez así como representantes da xunta directiva e familiares de persoas usuarias.
O obxectivo do proxecto é, ofrecer servizos de atención e asistencia diúrna a persoas maiores con necesidades de coidados; en especial, os servizos básicos de manutención, coidado persoal, aseo e hixiene, control e mantemento da saúde, asistencia nas actividades básicas da vida diaria (ABVD); ademais dos servizos terapéuticos (programa de intervención terapéutica á persoa usuaria, programa de asesoramento ás familias, programa de apoio psicolóxico e programa das formación) e os servizos complementarios (catering, transporte, etc.).
O proxecto, supuxo un investimento de 146.148 € e contou cunha axuda pública de 100.476,92 € (68,75 %) de fondos Leader 2014_2020, xestionados a través do GDR Pontevedra Morrazo e cofinanciados polo FEADER (75%), AGADER (22,5%) e polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (2,5%).
O acto rematou coa interpretación musical de Xabier Blanco de diferentes pezas do novo proxecto im.RAÍZ.