FORMULARIOS

Fase de Solicitude

Para poder gardar os datos escritos nos formularios deberán os impresos ser cubertos e gardados a través da sede electrónica (https://sede.xunta.gal).

Anexo II. Solicitude

Anexo III. Resumo do proxecto – Plan de empresa

Anexo IV. Resumo do proxecto – Plan de xestión

Anexo V

Anexo VI-A. Relación de ofertas elixidas

Anexo VI-B. Declaración sobre as ofertas elixidas

FASE DE XUSTIFICACIÓN

Anexo XI. Solicitude de pagamento

Anexo XII. Relación de equipos subvencionados

Anexo XIII. Declaración doutras axudas

Anexo XIV. Modelo de xustificación de emprego

Modelo de relación de gastos xustificados

Modelo de presentación de documentación xustificativa dos investimentos

Modelos publicidade (tamaño mínimo A3)

OUTROS

Anexo VII. Solicitude de anticipo

Anexo VIII. Desistencia

Anexo IX. Renuncia

Anexo X. modificación

Listado verificación promotores públicos

Modelo aval bancario período 2014-2020

Modelo ficha proxectos para creación de novas prazas de aloxamento

MODELOS COMPROMISOS BAREMOS GDR

PROXECTOS PRODUTIVOS

Declaración compromiso utilización provedores locais

Declaración compromisos creación de emprego

Declaración compromiso medioambiental do proxecto

Declaración compromiso Responsabilidade Social Corporativa

PROXECTOS NON PRODUTIVOS

Declaración compromiso medioambiental do proxecto

Declaración compromiso Responsabilidade Social Corporativa

Declaración compromiso emprego novas tecnoloxías

BASES REGULADORAS

Novas Bases reguladoras das axudas ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4)

DOG Núm. 246 Venres, 27 de decembro de 2019. AGADER. RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2019 pola que se publica o Acordo do 13 de decembro de 2019 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas con Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR) (código de procedemento MR701D).

DOG Núm. 246 Venres, 27 de decembro de 2019

Bases reguladoras das axudas ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4)

DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2017. AGADER. RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2016 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección do 29 de decembro de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2017

Bases reguladoras das axudas ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4)

DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017 AGADER. CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 29 de decembro de 2016 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección do 29 de decembro de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017

CONVENIOS CON AGADER

Convenio de colaboración entre AGADER e o GDR Pontevedra-Morrazo

Convenio de colaboración entre AGADER e o GDR Pontevedra-Morrazo, para a aplicación dunha EDLP na medida Leader de Galicia, cofinanciado co FEADER no marco do PDR de Galicia 2014-2020; que o Consello da Xunta autorizou o 5 de agosto de 2016 e que foron asinados o 13 de decembro de 2016

Convenio de colaboración entre AGADER e o GDR Pontevedra-Morrazo

Convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e Agader no marco do PDR 2014-2020

Convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e Agader

INSTRUCCIÓNS AGADER

Instrución nº 1/2017. Normas sobre tramitación de proxectos non produtivos xeradores de ingresos

Instrución nº 1/2017

Instrución nº 2/2017. Investimentos en transformación e comercialización de produtos forestais (ficha de elixibilidade III)

Instrución nº 2/2017

Instrución Nº1/2018. Normas sobre tramitación de proxectos de formación promovidos polos GDR coa finalidade de incrementar a empregabilidade da poboación activa do territorio (submedida 19.2).

Instrución Nº1/2018

Instrucción Nº2/2018 Gastos en custes correntes e animación (submedida 19.4). Medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020

Instrucción Nº2/2018

Instrucción Nº1/2019 sobre a creación e a consolidación de emprego ao abeiro da submedida 19.2 do PDR de Galicia 2014-2020

Instrucción Nº1/2019

Instrucción Nº2/2019 Criterios interpretativos referentes aos investimentos no sector da produción agraria primaria referidos á mellora da eficiencia enerxética e ao emprego de enerxías renovables

Instrucción Nº2/2019

VARIOS

Manual de procedemento. Medida 19 (Leader) do PDR de Galicia 2014-2020

Manual de procedemento

Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo 2014-2020 do Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra-Morrazo.

Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo 2014-2020

Resumo baremo dos proxectos e normas de xestión da EDLP 2014-2020 do GDR Pontevedra – Morrazo (GDR 15).

Resumo baremo dos proxectos e normas de xestión

Mapa Leader Galicia 2014 – 2020.

Mapa Leader Galicia 2014 – 2020

Anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea.

Anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea

Listaxe de productos non incluídos no Anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea.

Listaxe de productos non incluídos no Anexo I

NORMATIVA AUTONÓMICA

Convocatoria de subvencións para a execución de proxectos Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2020 e 2021

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2019 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo) da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2020 e 2021, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2019

Convocatoria de subvencións para a execución de proxectos Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2018 e 2019

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2017 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2018 e 2019, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2017

Bases de selección de estratexias e de GDR correspondentes ao Leader (PDR Galicia 2014 – 2020)

DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2016 AGADER. RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2016 pola que se publica o Acordo do 10 de febreiro de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente proceso de selección.

DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2016 AGADER

DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2017

AGADER. RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2016 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2017 e 2018, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

AGADER. RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2016

DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2017

AGADER.RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2017 pola que se publican os convenios de colaboración asinados no terceiro cuadrimestre de 2016.AGADER.RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2017 pola que se publican os convenios de colaboración asinados no terceiro cuadrimestre de 2016.

AGADER.RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2017

Acordo do Consello de Dirección da Agader do 16 de novembro de 2016

Acordo do Consello de Dirección da Agader do 16 de novembro de 2016 polo que se resolve a convocatoria sobre a selección de estratexias de desenvolvemento local e de grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia, así como sobre a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Fondo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-202

Acordo do Consello de Dirección

Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG)

Lei 9/2007, do 13 de xuño

Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (RLSG)

Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro

NORMATIVA ESTATAL

Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Lei 38/2003, do 17 de novembro

Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Real decreto 887/2006, do 21 de xullo

Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Lei 39/2015, de 1 de outubro

Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público.

Real Decreto Lexislativo 3/2011

NORMATIVA COMUNITARIA

PDR de Galicia, a probado pola Decisión de Execución da Comisión Europea, do 18 de novembro de 2015.

PDR de Galicia

Regulamento (UE) nº 1303/2013

Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao FEDER, FSE, ao Fondo de Cohesión, ao FEADER e ao FEMP, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao FEDER, FSE, ao Fondo de Cohesión e ao FEMP.

PDR de Galicia

Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello

Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello.

Regulamento (UE) nº 1305/2013

Regulamento (UE) nº 1306/2013

Regulamento (UE) nº 1306/2013, do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, sobre o financiamento, xestión e seguimento da Política Agrícola Común

Regulamento (UE) nº 1306/2013

Regulamento (UE) nº 1407/2013

Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

Regulamento (UE) nº 1407/2013

Regulamento (UE) nº 807/2014

Regulamento (UE) nº 807/2014, da Comisión, do 11 de marzo, que completa o Regulamento (UE) nº 1305/2013.

Regulamento (UE) nº 807/2014

Regulamento de execución (UE) nº 808/2014

Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, modificado polo Regulamento de execución (UE) 669/2016, da Comisión ; polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013.

Regulamento de execución (UE) nº 808/2014

Regulamento (UE) nº 809/2014

Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) n.º 1306/2013, do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade.

Regulamento (UE) nº 809/2014

Regulamento delegado (UE) nº 640/2014

Regulamento delegado (UE) nº 640/2014, do 11 de marzo, polo que se completa o Regulamento (UE) nº 1306/2013, do Parlamento Europeo e do Consello.

Regulamento delegado (UE) nº 640/2014

O GDR Pontevedra-Morrazo organiza unhas xornadas formativas de axuda para elaboración dun “Plan de Responsabilidade Social Corporativa” dirixidas aos seus promotores. As datas previstas para a celebración das sesións teórico-prácticas son o luns 30 de setembro e o mércores 2 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra (seminario nº 8) en horario de 17:30-20:30 h.

O GDR Pontevedra-Morrazo ven de participar na 1ª reunión do grupo de traballo da Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, que ten como obxectivo deseñar unha estratexia común e coordinada para o sector vitivinícola galego, reforzando a súa relación co sector turístico e o aproveitamento dos recursos do territorio, actuando como elemento tractor e dinamizador dos espazos rurais. Ademais, búscase mellorar o posicionamento dos viños galegos no seu conxunto, reforzar a súa imaxe de marca e identidade vinculada aos diversos territorios nos que se producen e mellorar a eficacia da promoción e comercialización en conxunto dos produtos turísticos vinculados ao sector vitivinícola galego.

Un ano máis o GDR Pontevedra-Morrazo participou no II Encontro Leader Galicia que tivo lugar na Estrada adicado ao turismo como dinamizador do rural. O evento organizado pola AGADER e a  Asociación de GDR de Galicia contou, entre outros, coa presenza do conselleiro de Medio Rural, José González, e coa do director de Agader, Miguel Pérez Dubois. O acto celebrouse nunha carpa aberta na Praza do Concello onde os 24 GDR expuxeron vídeos e imaxes de cada territorio e na que o GDR Pontevedra-Morrazo presentou o novo material promocional de Enoturismo da Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo baixo o lema "A emoción de deixarse levar".

Ademais, entre outras actividades, tivo lugar a presentación da primeira edición dos premios Leader, unha degustación de produtos dos 24 territorios e a presentación de grandes fitos turísticos dos GDRs.

 

 

 

O GDR Pontevedra Morrazo promocionará a IXP Ribeiras do Morrazo no Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU 2019) a través da difusión nas diferentes seccións do festival, do material audiovisual da marca así como das catas/degustacións dos actos de inauguración e clausura previstos.

O FICBUEU é unha cita cultural única, na que participarán máis de 15.000 persoas  que a longo de nove días ( do 6 ao 14 de setembro) poderán desfrutar dun total de 128 filmes e de 65 actividades programadas.

Máis info: https://www.ficbueu.com/

 

A Xunta Directiva do GDR Pontevedra Morrazo ven de aprobar os proxectos da convocatoria 2019 de axudas europeas  Leader 2014-2020 por importe de 1.961.421,87 euros de investimento total e 770.116,925 euros de axuda pública.  

O xoves 18 de xullo,  celebrouse no Pazo de Cultura de Pontevedra a reunión da Xunta Directiva do GDR Pontevedra  Morrazo coa finalidade de aprobar os proxectos da convocatoria 2019/20 da medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020,  que xestiona o Grupo de Desenvolvemento Rural  Pontevedra Morrazo.

De entre as solicitudes presentadas ata 01 de abril de 2019, a Xunta Directiva aprobou 11 proxectos que se subvencionarán na anualidade 2019/20 (submedida 19.2), ordenados en función da puntuación acadada do baremo e ata o límite máximo do crédito dispoñible para cada tipoloxía, así como unha lista de agarda formada por aqueles proxectos que contando cos informes favorables, non dispoñen de  crédito na anualidade.

O investimento total comprometido nos diferentes proxectos subvencionados ascende a 1.961.421,87 euros, e contribuirán a creación e consolidación de 54,93 empregos (UTAS) dos cales 14,5 empregos serán de nova creación. A proposta de axuda pública total concedida foi de 770.116,92 euros. 

“Xestión agroforestal sustentable (2019)” é un programa formativo de 54h lectivas, baixo a metodoloxía de formación-acción, que ten unha dobre finalidade:

Mellorar as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal para potencialo como alternativa emerxente de emprego e/ou emprendemento.

Reforzar e incrementar a profesionalización e capacitación da poboación activa nos ámbitos referidos, contribuíndo a mellorar as prácticas de traballo e impulsar os aproveitamentos.

Para isto, o programa formativo centrarase en:

  • Reforzar o papel das actividades agrarias, gandeiras e forestais, como eixe para a dinamización social e económica do territorio.
  • Introducir criterios técnicos e aprendizaxes no conxunto de actividades que leven implícita esa xestión agroforestal sustentable.

A proposta de contidos didácticos para cada unha das accións formativas a desenvolver durante o periodo contemplado son:

1. Horticultura ecolóxica, 5 accións formativas (17 h).

Abordaranse contidos de Introdución á xestión dunha explotación hortícola en ecolóxico. Requisitos xerais sobre a normativa de agricultura ecolóxica. Manexo do solo en cultivos ecolóxicos. Deseño do horto ecolóxico. Rego e operación culturais agroecolóxicas para mellorar a eficiencia da auga e a conservación do solo. Operacións de cultivo. Fertilización. Bases para a elaboración de compost. Sementeiros: preparación de plantas para o horto. Invernadoiros. Asociacións e rotacións de cultivos. Pragas e enfermidades. Tratamento e control.

2. Sistemas gandeiros ecolóxicos, 5 accións formativas (14 h).

Abordaranse contidos de Apicultura ecolóxica. Ovino e caprino ecolóxico. Porcino ecolóxico.

3. Xestión sustentable do monte e producións alternativas, 5 accións formativas (17 h).

Abordaranse contidos sobre Os sistemas agroforestais. O castiñeiro. Micoloxía como alternativa produtiva forestal.

4. Sector ecolóxico-Comercialización, 2 accións formativas (6 h).

Abordaranse contidos de Responsabilidade Social Corporativa e Innovación. A importancia de vender: produto/marca/proxecto. Fases da venda (mercado local, feiras, grupos de consumo...). Plan de marketing. Comunicar en 360º. Creación e rexistro de marcas. O mercado de produtos ecolóxicos. Situación actual e perspectivas de futuro. Introdución ao marketing de produtos ecolóxicos. Canles de distribución e venda de produtos ecolóxicos. Grupos, cooperativas e asociacións de consumo. Venda online de produtos ecolóxicos. Outras canles de distribución de produtos ecolóxicos. Importación e exportación de produtos ecolóxicos

Proxecto de modernización dunha empresa adicada á montaxe de mobles de carpintería e instalacións de obra, cara o propio deseño, fabricación e montaxe de mobiliario de madeira a nivel nacional e internacional nunha nave ubicada no polígono de “Sequeiros-Portela” no municipio de Barro.

Con esta iniciativa o promotor amplía o seu negocio e mellora a súa competitividade cunha nova actividade a desenvolver que será a fabricación de mobles personalizada e adaptada ás necesidades de cada cliente (sector contract, cadeas hoteleiras, subcontratas, etc); dispoñendo dunha zona de produción de 1.349,78 m2 útiles, xunto coa actividade administrativa necesaria habilitada nunha zona de 66,17 m2 para oficinas e de 28,34 m2 para vestiarios/aseos.

Trátase de realizar un programa formativo, baixo a metodoloxía de formación-acción, que teña unha dobre finalidade:

Dinamizar socialmente ao sector vitivinícola para reforzalo e empoderalo como alternativa emerxente de emprego e/ou emprendemento.

Capacitar e cualificar a emprendedores e poboación activa en xeral, para afrontar os requirimentos técnicos, económicos e sociais que vai a supoñer a posta en marchada IXP, e o desenvolvemento da actividade.

Polo tanto, os principais obxectivos xerais do programa formativo centraranse en:

  • Reforzar a participación do sector e activación do capital social: reforzar o empoderamento e notoriedade do sector, viticultores, adegueiros, etc.da zona comprendida na IXP Ribeiras do Morrazo.
  • Impulsar a xeración de iniciativas de emprendemento, abordando unha análise conxunta das oportunidades presentes.
  • Introducir criterios técnicos e aprendizaxes que implican a entrada no marco regulador da IXP, abordando a formación en aspectos de índole técnica, experimental, que melloren os coñecementos e capacitación profesional do sector.

A proposta de contidos didácticos para a IXP Ribeiras do Morrazo a desenvolver durante o periodo contemplado son 16 accións formativas (71 horas):

A modelización no desenvolvemento das IXP galegas.

Abordaranse contidos de Cooperación entre as IXP de viños de Galicia. Visita estudo IXP Val do Miño. A produción integrada/ecolóxica como modelo de referencia. A produción integrada/ecolóxica. Visita de estudo a explotación vitícola con produción integrada / ecolóxica

O programa de emprendemento cooperativo.

Abordaranse contidos sobre O salto á creación de iniciativas empresariais vitivinícolas. Fórmulas colaborativas de traballo organizativo e produtivo.Desenvolvemento Cooperativo. Visita de estudo cooperativa vitivinícola.

Capacitación e profesionalización no ámbito da viticultura.

Abordaranse contidos de As boas prácticas. A responsabilidade social e a sustentabilidade na vitivinicultura. Aspectos normativos para a xestión da viña e a adega. Os controis. As boas prácticas no viñedo. As boas prácticas na adega. As boas prácticas na distribución e comercialización. Imaxe comercial, información e comunicación co consumidor. Orientación ao mercado.

O Concello de Pontevedra proxecta a rehabilitación e acondicionamento integral dun inmoble municipal no lugar de Os Campos-Mourente, para destinalo a centro de promoción de recursos locais e actividades de desenvolvemento rural.

A infraestructura disporá dunha sala multiusos para actividades, eventos e/ou exposicións que se destinará a promoción e posta en valor dos recursos locais. Ademais tamén albergará a sede e oficina técnica do GDR Pontevedra-Morrazo onde desenvolver o traballo administrativo de dinamización e desenvolvemento rural, e acoller reunións e eventos de carácter institucional do grupo.

A edificación contará con dúas plantas: unha planta baixa de 233.45m2, con vestíbulo, unha sala multiusos para eventos e/ou exposicións, xunto con zona de almacén, aseos, cuartos de limpeza, etc; e unha planta alta de 239.65m2, cunha zona de administración en concepto aberto apta para 3-4 traballadores con zona de arquivos, despacho e sala de xuntas con capacidade para 35 persoas e outras dependencias necesarias para acoller a oficina técnica e sede do GDR.