Roteiro forestal e fluvial en Borela

  • Promotor: CMVMC de Borela
  • Localización: San Martiño de Borela (Cerdedo-Cotobade)
  • Orzamento: 31.868,23 €
  • Axuda Aprobada: 20.178,96 €

Proxecto de carácter non produtivo promovido pola CMVMC de Borela en Cerdedo-Cotobade coa finalidade de crear un roteiro de 4.51 Km dende o lugar de Senra ata A Graña na parroquia de Borela.

O roteiro que deberá ser homologado pola Federación Galega de Montaña transcorre por corredoiras e cursos fluviais, elementos etnográficos, etc. que aproveitan o potencial dun espazo natural conformado por bosques de ribeira de valor ecolóxico e ambiental que contribuirán a dotar a propia zona de Borela de actividades de uso turístico e recreativo de libre acceso.