O LEADER é un dos catro eixes que conforman o Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galiza 2007- 2013 e o seu nome corresponde ás siglas "Ligazóns Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural". Esta metodoloxía vén sendo impulsada pola Unión Europea desde 1991 para descentralizar as políticas de desenvolvemento rural, de xeito que o territorio rural deixe de ser un simple destinatario destas políticas para converterse en protagonista do seu propio desenvolvemento.
O GDR elaborou o programa LEADER do territorio Pontevedra - Morrazo tras un proceso de reflexión cunha ampla participación social, e actualmente o executa baixo a estratexia deseñada que ten como obxectivo acadar a sostibilidade do desenvolvemento rural apoiado no aproveitamento endóxeno dos produtos locais e na posta en valor do patrimonio natural e cultural.
Orzamento do LEADER
O Orzamento público do Programa LEADER no GDR Pontevedra-Morrazo conta cun importe total de 4.231.311,47 € que poderá variar como consecuencia da asignación da reserva de eficacia ata alcanzar os 5.368.186 €.
A porcentaxe de subvención de cada proxecto dependerá da súa valoración segundo un baremo público e obxectivo que ten en conta os criterios xeográficos, características do promotor, incidencias no emprego e impactos sobre o territorio.
- Proxecto PRODUTIVO - Actividades empresariais co obxecto de xerar emprego e rendas para a poboación que respondan aos obxectivos sinalados no PDR 19 – non han superar nunca o 45% de axuda pública (ata un máximo de 200.000€ ou 250.000€ segundo tipoloxía do proxecto), agás condicións máis restrictivas sinaladas no Réxime de axudas.
- Proxecto NON PRODUTIVO – Dirixidos a cubrir as necesidades da poboación rural e que respondan a unha visión comarcal – poden chegar a acadar o 100% do financiamento dependendo da prioridade do proxecto, aínda que como norma xeral o promotor sempre deberá facer algunha achega.
Convocatoria do programa
O Prazo de admisión de solicitudes comeza o 24 de agosto de 2009 atao 1 de setembro de 2013, sometido ás anualidades que correspondan a cada medida.
Documentos asociados:
Descarga PDF Folleto do programa LEADER Pontevedra Morrazo (2121 Kb)
Descarga PDF Convenio AGADER-GDR Pontevedra Morrazo (28262 Kb)