Promotor: Félix Garcia y Manuel Viñas, SL
Localización: Ponte Caldelas
Orzamento: 335.768,37 €
Axuda aprobada: 151.095,77 €
Descrición:
Modernización dunha empresa do ámbito das instalacións eléctricas en media e baixa tensión, que ten por obxecto a informatización do departamento técnico e creación de páxina web e a implantación de novas liñas de negocio no ámbito das telecomunicacións e liñas soterradas, servizos de mantenemento e adaptación á normativa electrotécnica, e aforro enerxético.

Publicado en Leader 2007-2013

Promotor: Hierros y aceros del Lérez S.L.
Localización: Lg. Polígono O Campiño , Concello de Pontevedra
Orzamento: 103.751,25 €
Axuda aprobada: 22.192,39 €
Descrición:
Proxecto de diversificación dunha empresa especializada na fabricación de arames de aceiro de alta resistencia para usos industriais, ubicada no polígono industrial de O Campiño, parroquia de Marcón, Pontevedra, que a través dun investimento en maquinaria e instalacións, pretende a elaboración dun novo producto, o arame galvanizado con recocido, sometido a un tratamento térmico que lle proporciona maior calidade, que lle permitirá acceder a empresa a novos nichos de mercado dentro do sector da construción, o sector da viticultura etc.
Ademais o proxecto contempla a utilización de enerxías renovables, mediante a instalación de paneis fotovoltaicos, para autoconsumo, no proceso de elaboración do arame galvanizado recocido.
O investimento material consiste nun forno de gas de recocido para arame galvanizado (600KWt) e bancada de colocación en material aillante (Usados), e instalacións de gas e paneis fotovoltaicos e honorarios técnicos por un importe total presentado de 103.751,25 € , IVE excluído.

Publicado en Leader 2007-2013
No hay próximos eventos!

Proxectos Leader