Promotor: Amancio Montes Esperón
Localización: Poio
Orzamento:80.684,34 €
Axuda aprobada: 32.176,91 €
Descrición:
Creación dun obradoiro destinado a prestar servizos de reparación de calzado, duplicado de chaves, afiados e elaboración de artigos de artesanía (coiro e madeira) na parroquia de Combarro en Poio.
 
Publicado en Leader 2007-2013
Promotor:Centro kennels S.C.
Localización:Lugar da Armada , Combarro - Concello de Poio
 
 
 
Orzamento:89.004,94 €
Axuda aprobada:25.745,23 €
Descrición:

Centro kennels S.C. é unha sociedade civil formada por dúas socias, Melania Standing Lázaro e Tania María Pazó Vila, que ten por obxecto social o adestramento de animais e outros servizos de atención de animais domésticos, centro para mascotas e residencia para mascotas.
O proxecto consiste na creación dun centro-residencia para mascotas ubicado no concello de Poio. Trátase dun establecemento que proporcionará un servizo de hotel-residencia que contempla varias modalidades pero cuxo principal fin é atender as necesidades do animal mentres o seu dono está ausente. Ademais, o centro ofrecerá de xeito personalizado e complementario, servizos adicionais ao aloxamento como o de gardería, perruquería, adestramento en positivo ou transporte; ademais da realización de cursos e seminarios sobre benestar animal, boas prácticas, necesidades e coidados das mascotas etc.

Publicado en Leader 2007-2013
No hay próximos eventos!

Proxectos Leader