Creación de Centro de Día Terapéutico (Poio)

Promotor:Sacendi, SL
Localización:Poio
Orzamento:159.969,52 €
Axuda aprobada: 62.388,11 €
Descrición:
Creación dun centro de asistencia diurna e atención integral terapéutica na parroquia de Combarro en Poio, para persoas maiores con perda da súa autonomía física e/ou psíquica que residindo no seus fogares precisen diferentes necesidades de coidados e atención de carácter persoal, terapéutico e/ou social. O centro ofrece servizos innovadores de unidade de memoria, metodoloxia de atención centrada na persoa e servizo de catering para o centro e a domicilio.