Valorización do monte veciñal de Meira a través da cría de gando cabrún

Promotor: CCMMVMC de Meira
Localización: Santa Eulalia de Meira, Concello de Moaña.
Orzamento: 98.975,22 €
Axuda aprobada: 36.125,96 €
Descrición:
Trátase da valorización do monte veciñal de Meira obtendo un maior aproveitamento produtivo, medioambiental, paisaxístico e social a través da cría de gando autóctono cabrún (capra hircus).
Preténdese introducir e formar unha cabana gandeira de 375 cabras da raza “Cabra Galega” en perigo de extinción,(Capra hircus), con posibilidade de ampliar, e pastorear en sistema semiextensivo, nas 460 hectáreas que posúe o monte veciñal de Meira, tanto nas zonas de mato como nas arboradas a través do aproveitamento dos recursos forestais non madeirables.
O proxecto é unha actuación singular e sustentable que incrementará o valor económico do monte pola vía da diversificación dos usos do mesmo a través da cría de gando cabrún autóctono, mellorando as economías locais que dependen do territorio forestal, evitando a degradación dos ecosistemas forestais e contribuíndo a protección dos recursos e procesos naturais.

Eventos -Calendario

Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
No hay próximos eventos!