Este venres 22 de marzo botou a andar nas instalacións da biblioteca de Beluso do concello de Bueu unha nova edición do programa formativo “PROFESIONALIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO DA VITICULTURA NA IXP RIBEIRAS DO MORRAZO (2019)” de 71 horas lectivas organizado polo GDR Pontevedra Morrazo. Dende 2017, o Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo, que xestiona a medida Leader 2014-2020, está a desenvolver un programa formativo para a profesionalización e desenvolvemento da viticultura na indicación xeográfica protexida Ribeiras do Morrazo. Nos anos 2017 e 2018 realizáronse accións formativas diversas orientadas a reforzar o empoderamento do sector de viticultores e adegueiros da…
Dende este venres 1 de marzo están abertas as listas para inscribirse nos cursos do programa formativo “PROFESIONALIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO DA VITICULTURA NA IXP RIBEIRAS DO MORRAZO (2019)” que celebrará o GDR Pontevedra Morrazo entre os meses de marzo a xuño deste ano. Nesta anualidade 2019, preténdese continuar a formación cunha proposta que afonda nas boas prácticas na viticultura e enoloxía, con referencias a modelos de viticultura integrada e/ ou ecolóxica e explorando actuacións de carácter colaborativo entre as propias IXP de viño de Galicia e de funcionamento cooperativo. Obxectivos do proxecto O programa formativo pretende dinamizar o sector vitivinícola,…
O director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitaron xunto co alcade de Soutomaior e o xerente do GDR Pontevedra-Morrazo a nova sede da empresa FrutoDS. Este proxecto, consistente na ampliación e modernización dun estudo de deseño de produto e industrial no lugar de Pedreira no municipio de Soutomaior, contou con 108.944,39 € de axuda Leader xestionada a través do GDR Pontevedra-Morrazo. As novas instalacións, que moveron un orzamento de 262.516,60 €, albergan unha oficina técnica e novas áreas como un laboratorio de I+D+I e un amplo espazo de obradoiro…
ABANCA e o Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra-Morrazo (GDR 15) veñen de asinar un convenio financeiro co fin de promover, fundamentalmente a través do crédito, a reactivación económica e comercial dos concellos pontevedreses que integran a asociación: Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Soutomaior e Vilaboa. O convenio facilita que os empresarios e emprendedores das comarcas pertencentes ao GDR accedan a unha ampla oferta financeira, con condicións vantaxosas respecto ao mercado. Así, os asociados contarán con produtos específicos de ABANCA co obxectivo de atender as necesidades do día a día das empresas:…
Visita dos integrantes do curso "Xestión Sustentable do Monte e Producións Alternativas" á Comunidade de montes de O Carballo (Friol). Os participantes puideron coñecer de primeira man o traballo dos comuneiros, que non só se adican ó aproveitamento da madeira, senón tamén á apicultura, á recollida de cogomelos e de resina e a cría de cabalos e porcos celtas.
Aberto o prazo para participar no concurso de fotografía e vídeo "Que hai nesta botella?" dentro da campaña de promoción da IXP Ribeiras do Morrazo que impulsa o GDR Pontevedra-Morrazo. O concurso consta de dúas categorías: FOTO e VÍDEO e a temática consiste en interpretar o lema da campaña "Que hai nesta botella?. Por cada categoría sairá un gañador elixido por un xurado escollido pola propia IXP. As persoas que desexen participar deberán subir as súas fotos e/ou vídeos a páxina de Facebook (https://www.facebook.com/IXP-Ribeiras-do-Morrazo-961447397374110/) ou Instagram (https://www.instagram.com/ribeirasdomorrazo/?hl=es) da IXP Ribeiras do Morrazo etiquetando a esta e usando os hashtags #FOTOquehainestabotella e #VIDEOquehainestabotella. Os…
Para aqueles que non tivéchedes oportunidade de ver a campaña de televisión da IXP Ribeiras do Morrazo, a continuación mostramos o anuncio da IXP que se emitiu nestas últimas semanas na TVG como parte da campaña Que hai nesta botella? e co obxectivo de dar a coñecer e dinamizar este novo selo de calidade.
Xornada de intercambio de experiencias e coñecemento na IXP Barbanza e Iria. Os participantes nesta última sesión do programa formativo "Profesionalización e Desenvolvemento da viticultura na IXP Ribeiras do Morrazo" tiveron a ocasión de coñecer a adega e os viñedos de Antonio Saborido, con cepas prefiloxéricas cunha antiguidade estimada de 250 anos, e a finca e a adega Entre os Ríos. Tamén disfrutaron dunha charla coloquio con Francisco Crusat, Francisco Rego e Jesús De la Fuente.
Visita de traballo dos participantes no curso "Agricultura ecolóxica", comprendido dentro do programa formativo "Xestión agroforestal sustentable" que o GDR está a desenvolver, ás instalacións de Hifas da Terra​ e Pilar Vispo Rodríguez para coñecer de primeira man a súa experiencia neste ámbito. Agradecer a ambos a súa colaboración e a boa atención dispensada.