Os participantes no programa formativo "Profesionalización e desenvolvemento da viticultura na IXP Ribeiras do Morrazo (2019)", no marco de cooperación entre as IXP de viños de Galicia, tiveron ocasión de realizar unha visita de estudo á IXP Val do Miño. Nesta xornada coñeceron a finca e adega de Terras Mancas, unha das poucas adegas que na actualidade elaboran viño baixo o selo da IXP Val do Miño. Os socios ensinaron o viñedo e as instalacións, e explicaron aos asistentes tanto o proceso de constitución do seu proxecto, como as súas dificultades, o presente e os proxectos de futuro. Ademais, nesa mesma xornada,…
O venres 12 de abril, no marco do programa formativo Profesionalización e desenvolvemento da viticultura na IXP Ribeiras do Morrazo (2019) que este GDR está a desenvolver, celebrouse na Casa do pobo de Beluso, en Bueu, unha sesión formativa centrada no emprendemento cooperativo na que diversos poñentes falaron da creación de iniciativas empresariais vitivinícolas e na que se analizaron distintas fórmulas colaborativas de traballo organizativo e produtivo. Na mesma contouse coa participación dos seguintes expertos na materia: D. Higinio Mougán. Director Xerente da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA). D. Xosé Carballido Presas. Enxeñeiro Técnico Facultativo da Consellería do Medio…
Dende o luns 1 de abril estarán abertas as listas para inscribirse nos cursos do programa formativo “XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE (2019)” que celebrará o GDR Pontevedra Morrazo os meses de maio e xuño. O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo, no marco da medida Leader 2014-2020, deseñou o programa formativo “XESTIÓN AGROFORESTAL SUSTENTABLE (2019)” de 54 horas lectivas baixo a metodoloxía de formación-acción, que ten unha dobre finalidade: Mellorar as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal para potencialo como alternativa emerxente de emprego e/ou emprendemento. Reforzar e incrementar a profesionalización e capacitación da poboación activa nos ámbitos referidos, contribuíndo a mellorar…
O prazo de presentación das solicitudes de axuda para a primeira proposta anual de selección de proxectos da anualidade 2019/20 rematará o 31 de marzo de 2019. De acordo coa Lei 39/2015 do procedemento administrativo, ao ser este un día inhábil, a data de fin de prazo enténdese prorrogada ao día hábil seguinte, neste caso, o luns 01 de abril de 2019. Así mesmo, lembramos que o prazo máximo para as persoas (físicas ou xurídicas) que presenten as solicitudes a través da sede electrónica (https://sede.xunta.gal) rematará o 1 de abril ás 23:59 minutos e 59 segundos. Nos concellos nos que o día 01 de…
Este venres 22 de marzo botou a andar nas instalacións da biblioteca de Beluso do concello de Bueu unha nova edición do programa formativo “PROFESIONALIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO DA VITICULTURA NA IXP RIBEIRAS DO MORRAZO (2019)” de 71 horas lectivas organizado polo GDR Pontevedra Morrazo. Dende 2017, o Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo, que xestiona a medida Leader 2014-2020, está a desenvolver un programa formativo para a profesionalización e desenvolvemento da viticultura na indicación xeográfica protexida Ribeiras do Morrazo. Nos anos 2017 e 2018 realizáronse accións formativas diversas orientadas a reforzar o empoderamento do sector de viticultores e adegueiros da…
Dende este venres 1 de marzo están abertas as listas para inscribirse nos cursos do programa formativo “PROFESIONALIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO DA VITICULTURA NA IXP RIBEIRAS DO MORRAZO (2019)” que celebrará o GDR Pontevedra Morrazo entre os meses de marzo a xuño deste ano. Nesta anualidade 2019, preténdese continuar a formación cunha proposta que afonda nas boas prácticas na viticultura e enoloxía, con referencias a modelos de viticultura integrada e/ ou ecolóxica e explorando actuacións de carácter colaborativo entre as propias IXP de viño de Galicia e de funcionamento cooperativo. Obxectivos do proxecto O programa formativo pretende dinamizar o sector vitivinícola,…
O director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitaron xunto co alcade de Soutomaior e o xerente do GDR Pontevedra-Morrazo a nova sede da empresa FrutoDS. Este proxecto, consistente na ampliación e modernización dun estudo de deseño de produto e industrial no lugar de Pedreira no municipio de Soutomaior, contou con 108.944,39 € de axuda Leader xestionada a través do GDR Pontevedra-Morrazo. As novas instalacións, que moveron un orzamento de 262.516,60 €, albergan unha oficina técnica e novas áreas como un laboratorio de I+D+I e un amplo espazo de obradoiro…
ABANCA e o Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra-Morrazo (GDR 15) veñen de asinar un convenio financeiro co fin de promover, fundamentalmente a través do crédito, a reactivación económica e comercial dos concellos pontevedreses que integran a asociación: Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Soutomaior e Vilaboa. O convenio facilita que os empresarios e emprendedores das comarcas pertencentes ao GDR accedan a unha ampla oferta financeira, con condicións vantaxosas respecto ao mercado. Así, os asociados contarán con produtos específicos de ABANCA co obxectivo de atender as necesidades do día a día das empresas:…
Visita dos integrantes do curso "Xestión Sustentable do Monte e Producións Alternativas" á Comunidade de montes de O Carballo (Friol). Os participantes puideron coñecer de primeira man o traballo dos comuneiros, que non só se adican ó aproveitamento da madeira, senón tamén á apicultura, á recollida de cogomelos e de resina e a cría de cabalos e porcos celtas.
No hay próximos eventos!