O director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitaron xunto co alcade de Soutomaior e o xerente do GDR Pontevedra-Morrazo a nova sede da empresa FrutoDS. Este proxecto, consistente na ampliación e modernización dun estudo de deseño de produto e industrial no lugar de Pedreira no municipio de Soutomaior, contou con 108.944,39 € de axuda Leader xestionada a través do GDR Pontevedra-Morrazo. As novas instalacións, que moveron un orzamento de 262.516,60 €, albergan unha oficina técnica e novas áreas como un laboratorio de I+D+I e un amplo espazo de obradoiro…
ABANCA e o Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra-Morrazo (GDR 15) veñen de asinar un convenio financeiro co fin de promover, fundamentalmente a través do crédito, a reactivación económica e comercial dos concellos pontevedreses que integran a asociación: Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Soutomaior e Vilaboa. O convenio facilita que os empresarios e emprendedores das comarcas pertencentes ao GDR accedan a unha ampla oferta financeira, con condicións vantaxosas respecto ao mercado. Así, os asociados contarán con produtos específicos de ABANCA co obxectivo de atender as necesidades do día a día das empresas:…
Visita dos integrantes do curso "Xestión Sustentable do Monte e Producións Alternativas" á Comunidade de montes de O Carballo (Friol). Os participantes puideron coñecer de primeira man o traballo dos comuneiros, que non só se adican ó aproveitamento da madeira, senón tamén á apicultura, á recollida de cogomelos e de resina e a cría de cabalos e porcos celtas.
Aberto o prazo para participar no concurso de fotografía e vídeo "Que hai nesta botella?" dentro da campaña de promoción da IXP Ribeiras do Morrazo que impulsa o GDR Pontevedra-Morrazo. O concurso consta de dúas categorías: FOTO e VÍDEO e a temática consiste en interpretar o lema da campaña "Que hai nesta botella?. Por cada categoría sairá un gañador elixido por un xurado escollido pola propia IXP. As persoas que desexen participar deberán subir as súas fotos e/ou vídeos a páxina de Facebook (https://www.facebook.com/IXP-Ribeiras-do-Morrazo-961447397374110/) ou Instagram (https://www.instagram.com/ribeirasdomorrazo/?hl=es) da IXP Ribeiras do Morrazo etiquetando a esta e usando os hashtags #FOTOquehainestabotella e #VIDEOquehainestabotella. Os…
Para aqueles que non tivéchedes oportunidade de ver a campaña de televisión da IXP Ribeiras do Morrazo, a continuación mostramos o anuncio da IXP que se emitiu nestas últimas semanas na TVG como parte da campaña Que hai nesta botella? e co obxectivo de dar a coñecer e dinamizar este novo selo de calidade.
Xornada de intercambio de experiencias e coñecemento na IXP Barbanza e Iria. Os participantes nesta última sesión do programa formativo "Profesionalización e Desenvolvemento da viticultura na IXP Ribeiras do Morrazo" tiveron a ocasión de coñecer a adega e os viñedos de Antonio Saborido, con cepas prefiloxéricas cunha antiguidade estimada de 250 anos, e a finca e a adega Entre os Ríos. Tamén disfrutaron dunha charla coloquio con Francisco Crusat, Francisco Rego e Jesús De la Fuente.
Visita de traballo dos participantes no curso "Agricultura ecolóxica", comprendido dentro do programa formativo "Xestión agroforestal sustentable" que o GDR está a desenvolver, ás instalacións de Hifas da Terra​ e Pilar Vispo Rodríguez para coñecer de primeira man a súa experiencia neste ámbito. Agradecer a ambos a súa colaboración e a boa atención dispensada.
O 03 de setembro arrancaron no Pazo da Cultura de Pontevedra os cursos do programa formativo Xestión Agroforestal Sustentable que desenvolve o GDR Pontevedra Morrazo. As accións formativas que se van a desenvolver durante este mes de setembro son: Agricultura ecolóxica (22 h) Gandería ecolóxica (16 h) Xestión sustentable do monte e producións alternativas (22 h) Sector ecolóxico: Comercialización, Responsabilidade Social Corporativa e Innovación (10 h)
O obxectivo da campaña é dar a coñecer a IXP Ribeiras do Morrazo a sociedade/mercado, darlle visibilidade, identidade, e dicir pretende o RECOÑECEMENTO SOCIAL desta marca de garantía cunha dobre finalidade: DINAMIZAR A VITICULTURA E OS VITICULTORES DO TERRITORIO POSICIONAR OS VIÑOS DA IXP CARA AO MERCADO A MENSAXE EN RELACIÓN AO OBXECTIVO DE DINAMIZACIÓN, A campaña pretende poñer en valor o traballo dos viticultores Comunicar que existe, unha viticultura, marítima, inxerida no atlántico, OCEÁNICA, de gran potencial Que hai unha oportunidade para novas iniciativas vitivinícolas de calidade, para o enoturismo etc. Que hai novas oportunidades de emprendemento e emprego…
No hay próximos eventos!