O GDR Pontevedra Morrazo participará nos “Encontros coa Economía Social” que terán lugar dentro da programación da Feira das Industrias Culturais (Culturgal, 2019). Os “Encontros coa Economía Social” son breves espazos de reunión nos que distintas entidades do sector cultural galego presentan a representantes institucionais, administracións, empresas, programadoras e técnicas culturais unha proposta de actividade, iniciativa ou produto que poida resultar do seu interese. O Culturgal celebrarase entre o 29 de novembro e o 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Máis información: https://v2.culturgal.com/programa
Xa está dispoñible a través da web e de redes sociais o mapa de servizos e recursos de apoio dos 13 concellos do territorio do GDR Pontevedra Morrazo. Pode acceder ao mesmo a través da seguinte ligazón: http://www.gdrpontevedramorrazo.eu/web/resp-social/rachemos-coa-indiferencia
Este mércores 20 de novembro presentouse a campaña dixital de sensibilización para prevención da violencia de xénero #RACHEMOS COA INDIFERENZA que está a desenvolver o GDR Pontevedra Morrazo na Casa da Luz do Concello de Pontevedra coa asistencia de Miguel Anxo Fernández Lores, como presidente do GDR e alcalde do Concello de Pontevedra, Miguel Ángel Pérez Dubois, como Director Xeral da Agader e Ana Ortiz Álvarez como Secretaria Xeral da Xunta de Galicia en Pontevedra. Ademais, tamén asistiron alcaldes, concelleiros e persoal técnico dos servizos de atención á muller dos diferentes concellos vencellados ao GDR. Conscientes de que a violencia…
O GDR Pontevedra Morrazo está a desenvolver unha CAMPAÑA DIXITAL DE SENSIBILIZACIÓN PARA PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO “ #RACHEMOS COA INDIFERENZA ” dentro do Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Medio Rural, a través da AGADER para a posta en marcha dalgunha das medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Os obxectivos da campaña son: PROMOVER A IGUALDADE E SENSIBILIZAR AOS DISTINTOS COLECTIVOS DA POBOACIÓN. INFORMAR E CONCIENCIAR ACERCA DA PROBLEMÁTICA DA VIOLENCIA DE XÉNERO, RECURSOS E SERVIZOS DE APOIO. PROMOVER UN CAMBIO…
Os vindeiros días 9, 10 e 11 de novembro no Recinto Feiral de Pontevedra a Indicación Xeográfica Protexida RIBEIRAS DO MORRAZO estará presente na feira do gourmet galego Etiqueta Negra, da man do GDR Pontevedra Morrazo coa intención de poñer en valor e consolidar a imaxe da IXP no mercado. Trátase dunha cita gastronómica, que reunirá nun mesmo espazo a profesionais do sector, produtores e consumidores co fin de coñecer as tendencias de mercado, identificar novas liñas de negocio e difundir a excelencia dos produtos gourmet e delicatessen galegos. Nesta cuarta edición, poderanse coñecer e degustar os viños desta nova…
O GDR Pontevedra Morrazo está a colaborar no Proxecto "A gastronomía fai camiño" solicitado pola Asociación de GDR de Galicia dentro do Programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia. Os obxectivos do proxecto son: -A elaboración dunha guía de pratos tradicionais e de producións locais e de tempada polas comarcas por onde transcorren os distintos Camiños de Santiago. -A realización dunha degustación destas receitas convidando aos restaurantes dese Camiño coa finalidade de animar aos hostaleiros a ofertar un menú para as persoas que peregrinen e o turismo en xeral elaborado con producións locais, tradicionais e de tempada. A través…
O GDR Pontevedra-Morrazo organiza unhas xornadas formativas de axuda para elaboración dun “Plan de Responsabilidade Social Corporativa” dirixidas aos seus promotores. As datas previstas para a celebración das sesións teórico-prácticas son o luns 30 de setembro e o mércores 2 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra (seminario nº 8) en horario de 17:30-20:30 h.
O GDR Pontevedra-Morrazo ven de participar na 1ª reunión do grupo de traballo da Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, que ten como obxectivo deseñar unha estratexia común e coordinada para o sector vitivinícola galego, reforzando a súa relación co sector turístico e o aproveitamento dos recursos do territorio, actuando como elemento tractor e dinamizador dos espazos rurais. Ademais, búscase mellorar o posicionamento dos viños galegos no seu conxunto, reforzar a súa imaxe de marca e identidade vinculada aos diversos territorios nos que se producen e mellorar a eficacia da promoción e comercialización en…
Un ano máis o GDR Pontevedra-Morrazo participou no II Encontro Leader Galicia que tivo lugar na Estrada adicado ao turismo como dinamizador do rural. O evento organizado pola AGADER e a Asociación de GDR de Galicia contou, entre outros, coa presenza do conselleiro de Medio Rural, José González, e coa do director de Agader, Miguel Pérez Dubois. O acto celebrouse nunha carpa aberta na Praza do Concello onde os 24 GDR expuseron vídeos e imaxes de cada territorio e na que o GDR Pontevedra-Morrazo presentou o novo material promocional de Enoturismo da Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo baixo o…
O GDR Pontevedra Morrazo promocionará a IXP Ribeiras do Morrazo no Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU 2019) a través da difusión nas diferentes seccións do festival, do material audiovisual da marca así como das catas/degustacións dos actos de inauguración e clausura previstos. O FICBUEU é unha cita cultural única, na que participarán máis de 15.000 persoas que a longo de nove días ( do 6 ao 14 de setembro) poderán desfrutar dun total de 128 filmes e de 65 actividades programadas. Máis info: https://www.ficbueu.com/
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31