O GDR Pontevedra Morrazo está a desenvolver unha CAMPAÑA DIXITAL DE SENSIBILIZACIÓN PARA PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO “ #RACHEMOS COA INDIFERENZA ” dentro do Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Medio Rural, a través da AGADER para a posta en marcha dalgunha das medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Os obxectivos da campaña son: PROMOVER A IGUALDADE E SENSIBILIZAR AOS DISTINTOS COLECTIVOS DA POBOACIÓN. INFORMAR E CONCIENCIAR ACERCA DA PROBLEMÁTICA DA VIOLENCIA DE XÉNERO, RECURSOS E SERVIZOS DE APOIO. PROMOVER UN CAMBIO…
Os vindeiros días 9, 10 e 11 de novembro no Recinto Feiral de Pontevedra a Indicación Xeográfica Protexida RIBEIRAS DO MORRAZO estará presente na feira do gourmet galego Etiqueta Negra, da man do GDR Pontevedra Morrazo coa intención de poñer en valor e consolidar a imaxe da IXP no mercado. Trátase dunha cita gastronómica, que reunirá nun mesmo espazo a profesionais do sector, produtores e consumidores co fin de coñecer as tendencias de mercado, identificar novas liñas de negocio e difundir a excelencia dos produtos gourmet e delicatessen galegos. Nesta cuarta edición, poderanse coñecer e degustar os viños desta nova…
O GDR Pontevedra Morrazo está a colaborar no Proxecto "A gastronomía fai camiño" solicitado pola Asociación de GDR de Galicia dentro do Programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia. Os obxectivos do proxecto son: -A elaboración dunha guía de pratos tradicionais e de producións locais e de tempada polas comarcas por onde transcorren os distintos Camiños de Santiago. -A realización dunha degustación destas receitas convidando aos restaurantes dese Camiño coa finalidade de animar aos hostaleiros a ofertar un menú para as persoas que peregrinen e o turismo en xeral elaborado con producións locais, tradicionais e de tempada. A través…
O GDR Pontevedra-Morrazo organiza unhas xornadas formativas de axuda para elaboración dun “Plan de Responsabilidade Social Corporativa” dirixidas aos seus promotores. As datas previstas para a celebración das sesións teórico-prácticas son o luns 30 de setembro e o mércores 2 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra (seminario nº 8) en horario de 17:30-20:30 h.
O GDR Pontevedra-Morrazo ven de participar na 1ª reunión do grupo de traballo da Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, que ten como obxectivo deseñar unha estratexia común e coordinada para o sector vitivinícola galego, reforzando a súa relación co sector turístico e o aproveitamento dos recursos do territorio, actuando como elemento tractor e dinamizador dos espazos rurais. Ademais, búscase mellorar o posicionamento dos viños galegos no seu conxunto, reforzar a súa imaxe de marca e identidade vinculada aos diversos territorios nos que se producen e mellorar a eficacia da promoción e comercialización en…
Un ano máis o GDR Pontevedra-Morrazo participou no II Encontro Leader Galicia que tivo lugar na Estrada adicado ao turismo como dinamizador do rural. O evento organizado pola AGADER e a Asociación de GDR de Galicia contou, entre outros, coa presenza do conselleiro de Medio Rural, José González, e coa do director de Agader, Miguel Pérez Dubois. O acto celebrouse nunha carpa aberta na Praza do Concello onde os 24 GDR expuseron vídeos e imaxes de cada territorio e na que o GDR Pontevedra-Morrazo presentou o novo material promocional de Enoturismo da Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo baixo o…
O GDR Pontevedra Morrazo promocionará a IXP Ribeiras do Morrazo no Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU 2019) a través da difusión nas diferentes seccións do festival, do material audiovisual da marca así como das catas/degustacións dos actos de inauguración e clausura previstos. O FICBUEU é unha cita cultural única, na que participarán máis de 15.000 persoas que a longo de nove días ( do 6 ao 14 de setembro) poderán desfrutar dun total de 128 filmes e de 65 actividades programadas. Máis info: https://www.ficbueu.com/
A Xunta Directiva do GDR Pontevedra Morrazo ven de aprobar os proxectos da convocatoria 2019 de axudas europeas Leader 2014-2020 por importe de 1.961.421,87 euros de investimento total e 770.116,925 euros de axuda pública. O xoves 18 de xullo, celebrouse no Pazo de Cultura de Pontevedra a reunión da Xunta Directiva do GDR Pontevedra Morrazo coa finalidade de aprobar os proxectos da convocatoria 2019/20 da medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020, que xestiona o Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo. De entre as solicitudes presentadas ata 01 de abril de 2019, a Xunta Directiva aprobou 11 proxectos que se…
Visita de estudo dos participantes no curso "Horticultura ecolóxica", comprendido dentro do programa formativo "Xestión agroforestal sustentable (2019)" que o GDR está a desenvolver, ás explotacións agrícolas ecolóxicas de Lourdes Enes en Covelo e de Antonia Pereira en Alxén (Salvaterra de Miño) para coñecer de primeira man o seu labor neste ámbito. Agradecer a ambas a súa colaboración e a boa atención dispensada.
O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle dende este mércores o primeiro curso do programa formativo Xestión Agroforestal Sustentable 2019 dedicado a horticultura ecolóxica que organiza o GDR Pontevedra Morrazo e que se desenvolverá ao longo do mes de maio e xuño. Tralo éxito do ano anterior, a nova proposta formativa do GDR que conta con máis de 30 inscritos abordará ao longo das 54 horas lectivas do programa os fundamentos da horticultura e gandería ecolóxica, a xestión sustentable do monte e producións alternativas así como un curso transversal dedicado á comercialización, responsabilidade social e innovación dentro do sector ecolóxico. Os…
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
No hay próximos eventos!