Formularios

O prazo de presentación de solicitudes estará vixente durante todo o período de execución da medida Leader, tendo en conta as seguintes datas anuais de admisión de solicitudes:

  • 31 de marzo de cada ano: data final de admisión de solicitudes para a primeira proposta anual de selección de proxectos.

  • 31 de maio de cada ano: data final de admisión de solicitudes para a segunda proposta anual de selección de proxectos.

As solicitudes, xunto coa documentación complementaria, deberanse presentar a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

ENLACE PARA FORMULARIOS ON LINE E/OU TRAMITACIÓN ELECTRÓNICA

Obsevacións:

  1. Anexo III e o Anexo IV:  non están dispoñibles para a súa presentación por sede; polo que se deberá cubrir, imprimir e xuntar escaneado como documento asociado no momento da presentación.
  2. Anexo VI A: no caso de que os campos que figuran no modelo non sexan suficientes, se deberán cubrir tantos anexos como foran necesarios, imprimilos e xuntalos escaneados como documentos asociados no momento da presentación.
  3. Calquera solicitude (sexa por sede electrónica  ou presencial) que non conte como mínimo co anexo II (solicitude de axuda), anexo III ou anexo IV (resumo do proxecto e plan de empresa ou de xestión) e o anexo V (orzamento) dará lugar a un informe (ICE) desfavorable segundo o artigo 12.2 das bases reguladoras.
  4. Os promotores obrigados á presentación electrónica deberán achegar toda a documentación complementaria por sede electrónica, indicando código, órgano responsable do procedemento, número rexistro de entrada da solicitude e número de expediente se dispón del segundo o artigo 9.3 das bases reguladoras.
  5. No caso de erros na presentación electrónica, as persoas solicitantes deberán poñerse en contacto a través do 012 co grupo de soporte para notificar e tentar solucionar a incidencia.
  6. O prazo máximo previsto no Réxime de Axudas (artigo 12.1) para emenda e/ou achega de documentación complementaria por parte do promotor é de 10 días hábiles.

As persoas físicas, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente no rexistro do GDR. 

Descarga formularios:

FASE DE SOLICITUDE

Anexo2-Solicitude

Anexo III. Resumo do proxecto – Plan de empresa

Anexo IV. Resumo do proxecto – Plan de xestión

Anexo V. Orzamento

Anexo VI-A. Relación de ofertas solicitadas e elixidas

Anexo VI-B. Declaración sobre as ofertas solicitadas e elixidas

FASE DE XUSTIFICACIÓN

Anexo XI. Solicitude de pagamento

Anexo XII. Relación de equipos subvencionados

Anexo XIII. Declaración doutras axudas

Anexo XIV. Modelo de xustificación de emprego

Modelo de relación de gastos xustificados

Modelo de presentación de documentación xustificativa dos investimentos

Modelo de retirada de documentación xustificativa dos investimentos

Modelos publicidade

OUTROS

Anexo VII. Solicitude de anticipo

Anexo VIII. Desistencia

Anexo IX. Renuncia

Anexo X. modificación

Listado verificación promotores públicos

Modelo aval bancario período 2014-2020

Modelo ficha proxectos para creación de novas prazas de aloxamento

MODELOS COMPROMISOS BAREMOS GDR

Declaración compromiso utilización provedores locais

Declaración compromisos creación de emprego

Declaración compromiso medioambiental do proxecto

Declaración compromiso Responsabilidade Social Corporativa