Baremación de proxectos

Criterios de baremación de proxectos produtivos

Os criterios de baremación dos proxectos produtivos fan referencia aos seguintes factores fundamentais:

ID CRITERIOS DE VALORACIÓN PROXECTOS PRODUTIVOS Puntuación MÁXIMA
1 FACTORES DE LOCALIZACIÓN XEOGRÁFICA 30
1.1 Características económicas do concello onde se localiza o proxecto 8
1.2 Características sociolaborais do concello onde se localiza o proxecto 4
1.3 Características demográficas do concello/parroquia no que se localiza o proxecto I 4
1.4 Características demográficas do concello/parroquia no que se localiza o proxecto II 4
1.5 Características demográficas do concello/parroquia no que se localiza o proxecto III 4
1.6 Entidade de poboación na que se localiza o proxecto 4
1.7 Outros criterios xeográficos: zonas desfavorecidas 2
2 CARACTERÍSTICAS DA PERSOA OU ENTIDADE PROMOTORA 10
2.1 Proxectos presentados por persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos 5
2.2 Formación e/ou experiencia da persoa ou entidade promotora 2
2.3 Responsabilidade social corporativa 3
3 IMPACTO SOBRE A CREACIÓN DE EMPREGO 20
3.1 Incidencia sobre a creación de emprego neto 10
3.2 Incidencia sobre a creación de emprego de persoas de colectivos desfavorecidos 5
3.3 Incidencia sobre a creación de emprego local 5
4 CARACTERÍSTICAS DO PROXECTO 20
4.1 Tipoloxía de proxecto 5
4.2 Carácter innovador 5
4.3 Ámbito do proxecto 10
5 IMPACTO SOBRE O TERRITORIO 20
5.1 Capacidade de arrastre do proxecto 10
5.2 Incidencia ambiental do proxecto 10
PUNTUACIÓN TOTAL 100

Regras para os proxectos produtivos

A puntuación mínima que haberá de obter un proxecto produtivo será de 20 puntos; por baixo deste valor, os proxectos non serán subvencionados.

Relación entre puntos de valoración de baremo e % de axuda en proxectos produtivos:

  • 20 puntos: 20 % de axuda
  • 70 puntos ou máis: 45 % de axuda.

Para valores intermedios do baremo procédese do seguinte modo:

  • Aos primeiros 20 puntos asígnaselle un 20% axuda
  • Aos restantes puntos do baremo asígnaselle a parte proporcional directa de porcentaxe de axuda segundo a seguinte relación (50 puntos restantes de baremo / 25% axuda pendente de asignar) O calculo farase axustado a dous decimais.

Criterios de baremación de proxectos non produtivos

Os criterios de baremación dos proxectos non produtivos fan referencia aos seguintes factores fundamentais:

ID CRITERIOS DE VALORACIÓN PROXECTOS NON PRODUTIVOS Puntuación MÁXIMA
1 FACTORES DE LOCALIZACIÓN XEOGRÁFICA 30
1.1 Características económicas do concello onde se localiza o proxecto 8
1.2 Características sociolaborais do concello onde se localiza o proxecto 4
1.3 Características demográficas do concello/parroquia no que se localiza o proxecto I 4
1.4 Características demográficas do concello/parroquia no que se localiza o proxecto II 4
1.5 Características demográficas do concello/parroquia no que se localiza o proxecto III 4
1.6 Entidade de poboación na que se localiza o proxecto 4
1.7 Outros criterios xeográficos: zonas desfavorecidas 2
2 CARACTERÍSTICAS DA ENTIDADE PROMOTORA 20
2.1 Promotor individual ou agrupado 3
2.2 Natureza xurídica e/ou obxecto social da entidade promotora 10
2.3 Igualdade de oportunidades 4
2.4 Responsabilidade social corporativa 3
3 CARACTERÍSTICAS DO PROXECTO 30
3.1 Tipoloxía de proxecto 20
3.2 Ámbito de actuación do proxecto 8
3.3 Cooperación do proxecto ou entidades colaboradoras 2
4 IMPACTO SOBRE O TERRITORIO 20
4.1 Incidencia sobre o medioambiente, contribuíndo á redución da pegada de carbono 10
4.2 Compromiso de emprego de novas tecnoloxías 10
PUNTUACIÓN TOTAL 100

No caso dos proxectos non produtivos establecemos unha serie de categorías que nos indicarán se ten máis ou menos prioridade, á hora de ser financiado. Deste xeito podemos diferenciar entre proxectos non produtivos de prioridade alta, media ou baixa:

Proxectos non produtivos de prioridade alta: intensidade de axuda máxima do 90% de axuda
  • Investimentos relacionados cos servizos de igualdade e benestar á poboación, a integración de comunidades marxinais e de inmigrantes, o coidado das persoas maiores dependentes e non dependentes, e a promoción dun envellecemento activo e saudable das mesmas, tales como: centros de inclusión e emerxencia social, centros de integración, inserción ou inclusión socio-laborais para persoas discapacitadas, infantís, centros de maiores non dependentes (pisos tutelados, vivendas comunitarias, centros de día, etc.) e actuacións para promover a igualdade e a integración social da poboación.
  • Investimentos non produtivos relacionados co uso e a mellora da accesibilidade ás tecnoloxías da información e comunicación (TICs) no medio rural, tales como telecentros, aulas de informática, plataformas dixitais de servizos a empresas ou á poboación en xeral.
  • Investimentos non produtivos relacionados coa utilización de enerxías alternativas, o aforro ou eficiencia enerxética, a compostaxe, a biomasa, a reutilización e reciclaxe etc. Tales como instalación de caldeiras de biomasa, placas solares, mecanismos e equipamentos que permitan a redución do consumo de auga, ou aproveitamento hídrico, etc
Proxectos non produtivos de prioridade media: intensidade de axuda máxima do 70% de axuda
  • Investimentos relacionados coa valorización, conservación e/ou recuperación do patrimonio natural e cultural, tales como a recuperación e integración paisaxística, recuperación do hábitat e a biodiversidade, custodia do territorio, aulas da natureza, centros de interpretación, intervencións arqueolóxicas, recuperación de construcións de interese cultural (histórico-artístico, etnográfico, arquitectónico, etc) e actuacións de sensibilización, promoción e difusión, etc.
  • Investimentos non produtivos, relacionadas coa valorización e/ou promoción dos produtos e producións locais vinculados ás denominacións de orixe, indicacións xeográficas protexidas, a viticultura, a agricultura ecolóxica, a artesanía local, gastronomía, etc.
  • Investimentos non produtivos relacionados co sector turístico tales como actuacións de promoción, difusión e divulgación dos recursos turísticos, rutas de sendeirismo homologadas pola Federación Galega de Montaña, construción de miradoiros, puntos de información turística, centros de promoción de recursos, etc.
Proxectos non produtivos de prioridade baixa: intensidade de axuda máxima do 50% de axuda.
  • Investimentos relacionados coas actividades e infraestruturas, deportivas, recreativas de lecer e culturais tales como ludotecas, locais sociais, parques, etc.
  • Resto de investimentos non produtivos non recollidos nos epígrafes anteriores.

Regras para os proxectos non produtivos

A puntuación mínima que haberá de obter un proxecto non produtivo será de 30 puntos; por baixo deste valor, os proxectos non serán subvencionados

Relación entre puntos de valoración de baremo e % de axuda en proxectos non produtivos:

  • 30 puntos:
    • 40 % de axuda para proxectos de prioridade alta
    • 30 % de axuda para proxectos de prioridade media e baixa
  • 70 puntos ou máis:
    • 90 % de axuda para proxectos de prioridade alta
    • 70 % de axuda para proxectos de prioridade media
    • 50 % de axuda para proxectos de prioridade baixa

Para valores intermedios do baremo procédese do seguinte modo:

Aos primeiros 30 puntos asígnaselle un :

    • 40 % de axuda para proxectos de prioridade alta
    • 30 % de axuda para proxectos de prioridade media e baixa

Logo en cada unha das prioridades, aos restantes puntos do baremo asígnaselle a parte proporcional de porcentaxe de axuda segundo a seguinte relación; e en todos os casos o cálculo farase axustado a dous decimais:

  • (40 puntos restantes de baremo / 50% axuda pendente de asignar) para proxectos de prioridade alta.
  • (40 puntos restantes de baremo / 40% axuda pendente de asignar ) para proxectos de prioridade media.
  • (40 puntos restantes de baremo / 20% axuda pendente de asignar) para proxectos de prioridade baixa.

Criterios de priorización de proxectos

Para os efectos de establecer a priorización dos proxectos, a xunta directiva seguirá os seguintes criterios:

Proxectos produtivos

  1. Puntuación total acadada no baremo correspondente ao ICE verificado de cada un dos proxectos.
  2. No caso de empate, a contribución á articulación do tecido produtivo local, en coherencia coa estratexia do GDR. Para estes efectos terase en conta a puntuación específica dos criterios de baremación:
  • 2.3 Responsabilidade social corporativa (RSC).
  • 3.1 Incidencia sobre a creación de emprego neto.
  • 4.3 Ámbito do proxecto.
  • 5.1 Capacidade de arrastre do proxecto.
  1. No caso de empate, a coherencia coa estratexia do GDR, a incidencia sobre o emprego e o seu efecto multiplicador no territorio. A estes efectos, terase en conta a puntuación específica dos criterios de baremación:
  • 3.1 Incidencia sobre a creación de emprego neto.
  • 5.1 Capacidade de arrastre do proxecto.

Proxectos non produtivos.

A relación de proxectos non produtivos que propoña a xunta directiva para a concesión da axuda deberá incluír, en primeiro lugar, os considerados de prioridade alta, logo os de prioridade media e, a seguir, os de prioridade baixa.

Para os efectos de establecer a priorización dos proxectos, dentro de cada unha destas categorías a xunta directiva seguirá os seguintes criterios:

  1. Puntuación total acadada no baremo correspondente ao ICE verificado de cada un dos proxectos.
  2. No caso de empate, a contribución ao desenvolvemento local, en coherencia cos obxectivos de sustentabilidade económica, social, territorial e medioambiental. Para este efectos, terase en conta a puntuación específica dos criterios de baremación:
  • 2.2 Natureza xurídica e/ou obxecto social da entidade promotora.
  • 2.4 Responsabilidade social corporativa (RSC).
  • 3.1 Tipoloxía do proxecto.
  • 3.2 Ámbito de actuación do proxecto.
  • 3.3 Cooperación do proxecto ou entidades colaboradoras.
  • 4.1 Incidencia sobre o medio ambiente, contribuíndo á redución da pegada de carbono.
  1. No caso de empate, a coherencia coa estratexia do GDR e o impacto medioambiental sobre o territorio. A estes efectos, terase en conta a puntuación específica dos criterios de baremación:
  • 3.1 Tipoloxía do proxecto.
  • 4.1 Incidencia sobre o medio ambiente, contribuíndo á redución da pegada de carbono.

Para os proxectos promovidos directamente polos GDR, referidos a formación no marco da submedida 19.2 (apoio á realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local) e os de animación e promoción territorial correspondentes á submedida 19.4.B (animación), unha vez que estean verificados por Agader, propoñerase a concesión de axuda de cada un destes expedientes ata o esgotamento do crédito dispoñible en cada anualidade.