O Territorio

Ámbito de actuación

A asociación, en función dos seus fins, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial de actuación formado polos concellos de Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Soutomaior e Vilaboa, sen prexuízo de que poida estenderse por necesidades operativas dos seus programas e actividades

A zona territorial do GDR 15 sitúase no suroeste de Galicia, na provincia de Pontevedra. Esta zona comprende na súa totalidade ás comarcas de Pontevedra e o Morrazo. Inclúense a maiores dous concellos, Cerdedo e Soutomaior, que forman parte das comarcas de Tabeirós Terra de Montes e Vigo, respectivamente. A zona limita ao norte coas comarcas de Caldas e Tabeirós -Terra de Montes, ao Este coa provincia de Ourense, ao Sur coa Comarca de Vigo e ao Oeste coa comarca de O Salnés. Esta zona caracterízase pola bipolaridade territorial, entre a zona costeira e a zona de interior. Está influenciada pola identidade das Rías Baixas, comprendendo parcialmente as Rías de Pontevedra e a Ría de Vigo, asociadas ambas, pola península do Morrazo. Tamén destaca a súa prolongación cara o interior chegando á limitación coa provincia de Ourense, na Serra do Cando.

 

 

Concellos

mapa territorio

 

 

EDLP Pontevedra – Morrazo

A Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa (EDLP) é o programa de desenvolvemento local participativo elaborado de abaixo a arriba polo GDR, no que se define unha estratexia integrada e multisectorial, partindo dos recursos e necesidades endóxenos do territorio e se determina o procedemento para a súa aplicación.

Descarga Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa Pontevedra- Morrazo

Eventos -Calendario

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Ningún evento vindeiro!